O Moraña C.F. celebrará mañá as nove da noite no Campo do Buelo o derradeiro adestramento da semán co gallo de preparar o trascendental encontro do próximo domingo en Chan do Monte ante o Cerponzones.
O adestrador morañés Iván Conles recupera para este domingo o seu cazagoles Zaca pero sigue tendo a baixa de Jacobo e perde tamén con relación o domingo anterior a Damián, ademais da dúbida do central Andrés que non adestrou esta semán debido a unhas molestias nos isquios.