Moraña C.F.: Diego; Alberto, Julián (Min. 60 Miguel), Juan Fumega, Andrés; Toné, Ferrón (Min.45 David), Roberto, Iaguito (Min.75 Martín), Álex; Dani.
CED COTOBADE: Mangui (Min. 45 Mejuto);Pedrés, Crespo, Nito, Arturo; Will (Chama), Nando, Andrés, Kike; Miguel y Marcos Cuiñas (Álex).
Árbitro: Sr. Juan Antonio Asensio Fariza do colexio pontevedrés moi protestado por ambos equipos, sacou cartóns amárelos polo Cotobad a Andrés e Nando e polos visitantes a Alberto, Dani, Iaguito, Martín, Miguel e o seu adestrador Iván Conles.
Goles: 1-0 min.40 Miguel e 1-1 min. 80 Roberto.
O Moraña a pesar de facer bo fútbol en gran parte do partido non foi capaz de sacar os tres puntos no campo das Extremas de Cotobade e tivo que conformarse cun puntiño.
O equipo visitante onte de branco por coincidencia de cores na equipaxe saiu bastante enchufado e así nos primeiros 10 minutos tivo unha clara ocasión de gol tras un centro de Toné que Alex chega moi forzado e remata fora co porteiro local xa batido, os primeiros 25 minutos foron do Moraña dominando o medio campo e con pases largos ás bandas onde Toné e Alex desbordaban e poñían o perigo.
A partir do minuto 20 o Moraña durmiuse e o Cotobade empezou a dominar o encontró pero sin aparente perigo ata que nas postrimerías da primeira parte unha contra local pillou a defensa visitante dormida e quixo achicar o espacio para deixar o dianteiro Miguel libre de marca para batir a Diego na salida.
No segundo tempo o Moraña tivo que sair a darlle a volta e creou ocasións da bondo para remontar o partido. Xa nos primeiros 10 minutos Álex fallou un man a man con Mejuto e Dani tivo outra ocasión clara de gol que non acertou a materializar.
Cando corría o minuto 15 da segunda metade entrou no terreo polo Moraña o xogador xuvenil Miguel que deulle moito fútbol os do Espeto, de ahí o final o Moraña xogou con só tres defensa e acosou sin piedade a área visitante tendo múltiples ocasión, a máis clara un man a man de Dani que o porteiro Mejuto para espectacularmente, o gol do empate chegaría no minuto 78 despois de un disparo lonxano de Roberto que bateu a Mejuto por alto, a partir de ahí o Moraña seguiu buscando o tanto da victoria pero unhas veces o desacertó rematador e noutras o arbitro que non quixo ver tres claros penaltis na área visitante impediron a victoria morañesa.
Destacar polo Moraña a Alberto, Roberto e o juvenil Miguel que cambiou o encotro e polo Cotobade a Marcos Cuiñas y o capitán Kike.
Os adestradores opinan:
Cesar Sanmamed (Cotobade): “hoxe non estivemos ben, non entendo o posto que ocupa o Moraña na taboa xa que foi o equipo que mais me gustou de largo, teñen un moi bo xogo por afora, ainda así o resultado non me paraceu moi inxusto”
Iván Conles ( Moraña C.F.): “ A nosa primeira parte non foi boa, na segunda si que me gustou o equipo, creo sinceramente que merecimos máis pero coma no último mes, faltounos acerto de cara ó gol e cas arbitraxes no estamos tendo sorte”
Para rematar decir que o Moraña adestrará o martes e o venres no campo do Buelo a partires das nove da noite.