Boas a todos! Informamoslles que este Sábado día 12 de Outubro celebraremos o acto de inauguración do novo campo de Futbol de O BUELO, despois de unha importante remodelación do espacio que anteriormente utilizábamos para a disputa dos nosos partidos de fútbol base.
Esta novedosa e moderna instalación dotada de todos os adelantos existentes neste tipo de infraestructuras, supón un gran avance para o noso Concello a nivel de dotación de instalacións deportivas e un impulso vital para a mellora nas prestacións das actividades futbolísticas que desarrolla o MORAÑA CLUB DE FÚFBOL.
A importancia de todo esto, debe facernos sentir moi satisfeitos e orgullosos de poder ofrecer ós nosos deportistas unhas condicións magníficas para a práctica do Fútbol e tamén por poder estar a altura de outros concellos e clubes do noso entorno xeográfico.
Por todo esto invitamoslles a asistir a dito acto que terá lugar este Sábado 12 de Outubro as 18:00 horas no citado recinto deportivo, ó que asistirán diversas autoridades, e no que a vosa presencia e a de todos os compoñentes do MORAÑA C.F. e moi valiosa e importante para o desarrollo do mismo.
Esperámosvos!!! Un saludo
A dirección do MORAÑA C.F,