Estimado/a socio/a:
Poñémonos en contacto contigo para informarche dos seguintes puntos, tratados na Asemblea celebrada o Venres 06/09/13:
- Informe do Presidente.- O presidente fixo unha exposición do que foi a Tempada 12-13, resaltando a labor dos delegados e a colaboración dos pais, socios e patrocinadores. Houbo bastantes dificultades, debido a falta de campo para adestrar e xogar os partidos. Isto supuxo, non só un grande gasto económico, senón un incordio para os pais ao ter que desprazarse para levar aos nenos á adestrar e xogar a campos fóra do Concello. No apartado deportivo destacou a organización e coordinación do Director Deportivo, Rafa Sáez, que realizou un traballo impecable. Tamén indicou que se levaron a cabo 2 actividades novas e que tiveron un grande éxito : MORAÑA CUP 2013 e I CAMPUS FÚTBOL MORAÑA C.F.
Como remate da Tempada fíxose unha cea, nunha carpa ao lado do campo de Mirallos, para as categorías do Fútbol Base, á que puideron asistir os seus pais, pagando un módico prezo (13 €/persoa). Ao equipo de afeccionados invitouse a unha cea no Hotel Loxo da Toxa, para premialos pola súa entrega e colaboración ao longo da Tempada, xa que, non cobraron nada, levando os seus coches aos desprazamentos e aos adestramentos. O aspecto negativo da tempada estivo no fracasado ascenso do Equipo de afeccionados. A pesar das dificultades, logrouse chegar a bo porto. Os obxectivos para a próxima tempada están no fomento do Fútbol-Base, preténdese que os adestradores teñan todos título (agora de 10 teñen título 7). Outro dos obxectivos é fomentar o uso do Local, non só como oficina da Club, senón, tamén como lugar de celebracións: aniversarios, merendas, ceas,…. Que poida ser usado por aqueles socios/as que o desexen. Os interesados podedes pasar polo Local e seredes informados sobre as condicións e prezos.
- Cotas Socios Tempada 13-14.- O importe das cotas desta tempada seguen como as da tempada anterior (40 €). Hai variación na cota do Fútbol-Base, como se indica maís adiante. Os que o teñen domiciliado pasaráselle agora xa; os que o paguen en efectivo teñen ata o 15/10/13; e os de nova domiciliación, daráselle de prazo ata o 15/11/13 para pagalo. Agradeceriamos que os demais socios, que o teñan a ben, fixesen o pago en calquera das seguintes entidades e contas do Club:
– A Caixa : Nº Conta 2100 6025 46 0200006310
– Novagalicia Banco: Nº Conta 2080 5106 71 3040005540
Pedimos que se teña coidado cando ingresen, aclarar ben o concepto e que socio/a fai o ingreso. No recibo deberá poñer:
- Socio/a normal
Concepto: Cota socio tempada 13-14
Ordenada por: nome e apelidos do socio/a.
Cota: 40 €
- Cota pais/nais Fútbol-Base:
Concepto: Cota socio Fútbol-Base tempada 13-14.
Ordenada por: nome e apelidos do socio/a, pai/nai de…. nome e apelidos do fillo/a/s.
Cota: 100 €(1º fillo) + 50 € 2º fillo e 3º+4º fillos gratis).
Os carnés recolleranse no Local ou no campo, e aos que o teñen domiciliado enviaráselles por carta.
- Convenio Clínica Fisioterapia.- Vense de asinar un convenio coa clínica de fisioterapia “GAMALLO-FONTENLA” que está situada en Moraña, na Rúa Nº UN. O Club terá que pagar 1.750,00 € anuais, tendo dereito ao seguinte:
ü Estarán todos os martes no campo de Fútbol en horario de 21 a 23 horas. Por este servizo pagaranse 1.000 €.
ü Asistirán aos partidos de Fútbol que o equipo de afeccionados celebre na casa. Por este servizo pagaranse 750,00 €.
- Financiamento.- Á parte das posibles subvencións, cotas dos socios/as e patrocinadores pretendemos facer:
ü Lotería do Nadal.– Faranse unhas participacións da Lotería do Nadal. Xogarase a un número. O importe de cada participación será de 4 € que se xogarían a ese número e 1 € que sería para un sorteo dunha viaxe a Tenerife, en combinación co 2º premio da mesma Lotería.
ü Calendario Moraña C.F. .- Tamén pretendemos facer un calendario coas fotos dos equipos, instalacións e patrocinadores, co fin de acadar fondos para o Club. Está en fase de estudo para ver os custos e que se lle pode gañar.
ü Sorteos.- Non descartamos a posibilidade de levar a cabo outro sorteos, dependendo de como vaia a economía do Club.
- Contas da Tempada 12-13.- Foron presentadas e aprobadas polos presentes, as contas da Tempada 12-13 co seguintes resultados:
INGRESOS | 60.968,87 |
GASTOS | 61.444,42 |
RESULTADO | -475,55 |
- Orzamentos da Tempada 13-14.- Presentados e aprobados os orzamentos para a Tempada 13-14:
INGRESOS | 64.900,00 |
GASTOS | 64.900,00 |
RESULTADO | 0 |
- 7. Cambios na Xunta Directiva
a) Baixas :
ü Jerónimo Búa Lado, ata entonces tesoureiro do Club, tivo deixar por motivos persoais. Nesta tarefa de tesoureiro será substituído por Pedro Porto, que desempeñaba a función de Director Xeral.
ü Enrique Varela Calvo, directivo coa tarefa de delegado e encargado da cantina do campo de fútbol, por motivos de traballo tivo que deixar o cargo.
b) Altas:
ü Nicolás González Souto, como vocal, tarefas sen asignar.
ü David Varela, como vocal, tarefas sen asignar.
Non habendo máis novas que comunicarche aproveitamos para saudarte e invitarte a colaborar connosco, pois, o Club é de todos os socios e persoas que colaboren no seu funcionamento.
Moraña 14 de Setembro de 2.013
A Directiva