O Moraña gaña fóra o que perde na casa, nunca mellor dito, pois os morañeses con esta vitoria é a terceira que gañan a domicilio é a estas alturas aínda non conseguiron gañar na casa. A vitoria dos morañeses nesta ocasión ten moito mérito, pois no minuto 20 do primeiro tempo o xogador mais desiquilibrante dos morañeses Santi Paz, foi expulsado segundo a acta do encontro por insultar un contrario, creemos que o bo colexiado do encontro Sr. Pérez Burrul foi demasiado drástico ao tomar a decisión, pois cunha tarxeta amarela sería máis que suficiente, pois non hai que esquecer que o bo de Santi Paz tivo esa reacción porque anteriormente sufriu unha fea entrada por detrás por parte dun defensor caldense, que o Sr. Colexiado non viu. Nunca mellor dito a frase célebre do histórico Helenio Herrerra «xógase mellor con dez que con once», pero a verdade que esta frase non sería xusta de todo para este partido, pois os primeiros 20 minuto do encontro cos once xogadores no campo foron marabilloso, cun Moraña moi asentado no terreo de xogo dirixidos polo gran xogador Celso que cando quere fai uns partidos de soño facendo  xogar a todos os seus compañeiros a un gran nivel futbolistico. A raíz da expulsión a tónica do encontro cambiou e o técnico morañés deixou a iniciativa aos caldenses que dominaron gran parte do encontro, gozando de ocasións de gol que solucionou con grande acerto o porteiro morañés Fernándo, erixíndose xunto con Celso nas figuras do encontro.

Na foto o gardameta Fernando que xunto con Celso fixeron un partido extraordinario.

 

 

 

 

 

ALIÑACIÓNS:

 CALDAS C.F.: Juan (46′ Pincho); Emilio, Martín, Oscar, Andrés; Puente (30′ Fran), Deivi, Victor(46′ Viki), Sergio; Chupi y Juan Antonio.

MORAÑA C.F.: Fernando; Yeyo, Juan, Fernando Núñez, Fuentes; Nico(65′ Ventura), Sayáns, Celso, Velay (46′ Ezi, 75′ Stoicow); Roberto (60′ Pedro) é Santi Paz.

GOLES:

Minuto 12′,- (0-1),- Gran pase de Celso para Nico que por velocidade vaise do seu marcador é ante a saida do porteiro faille unha vaselina. 

Minuto 18′,- (1-1),- Falta dubidosa o borde da area de Nico a un contrario, este ponse a discutir co arbitro, sacándo a falta rapidamente Devi para Victor que de tiro cruzado bate a Fernando.

Minuto 35′,- (1-2),- Outro gran pase de Celso para Nico é este cando ia entrar na area e derribado por un contrario, a falta a executa maxistralmente Celso, batendo de un gran disparo a Juan por alto.

ARBITRO: Axubioú o encontro o colexiado pontevedrés José Ignacio Pérez Burrull con un bó arbitraxe,    aínda que tremendamente rigoroso na expulsión de Santi Paz

INCIDENCIAS: Partido andiantado a hoxe primeiro de Novembro festividade de todos os santos, debido a que o sábado os caldenses podría ter problemas de campo, encontro xogado no campo das Corticeiras con un terreo de xogo en moi boas condicións (herba sintéctica). O encontro xogouse as 11 da mañán, con unha temperatura fría (13º) é choivas intermitentes. Despois do encontro os xogadores morañeses tomaron uns viños no mesón a Real de Caldas de Reis. 

DESTACADOS: Polo Caldas, Sergio, Emilio e Viki é por o Moraña todos estiveron a gran altura pero Celso é Fernando tiveron unha actuación maxistral.

Compárteo!

Deixa un Comentario