O MORAÑA DEIXA ESCAPAR OUTRA OPORTUNIDADE DE OURO, ANTE UN EQUIPO QUE AO FINAL DE TEMPADA VAI ESTAR NA MESMA LIGA QUE OS MORAÑESES. O EQUIPO DE RÚA NUNHA TARDE APÁTICA NON ESTIVO Á ALTURA DOUTRAS TARDES, POIS TODOS OS SEUS XOGADORES NON SE ENCONTRABAN COMODOS ANTE UN PORTONOVO MOI LOITADOR, NON OBSTANTE OS MORAÑESES TIVERON OCASIÓNS PARA DESNIVELAR O MARCADOR, PERO O QUE SE ESTABA CLARO QUE ESTA TARDE NON ERA PROPICIA PARA OS MORAÑESES, SAYANES EN DÚAS OCASIÓNS ERRABA EN DOUS REMATES DE CABEZA A PORTARÍA BALEIRA E A DOUS METROS DESTA É NICO PERDEU OUTRA GRANDE OCASIÓN TRAS UNHA GRAN XOGADA DE SANTI PAZ, DÁNDOLLE O PASE DA MORTE E INCOMPRENSIBLEMENTE DENDE O PUNTO DE PENALTI REMATA ÁS MANS DO PORTEIRO. VER PARA CRER.
Na foto Santi Paz, que xunto con Javier Maté foron os destacados do encontro.
ALIÑACIÓNS:
Portonovo: Andrés; Duarte(72′ Camilo), Bruno, Pérez, Gómez(30′ Martinez); Otero, Miguel, Torres(28′ Isaac, 46′ Besada); Durán, Piñeiro(35’Guillermo), Abal.
Moraña.,C. .F.:Javier Maté; Yeyo, Juan, Toño(53′ Mario Costas), Fuentes; Nico(46′ Esteban), Sayáns, Mario Costas(46′ Nuñez), Roberto(46′ Eloy; Ezi(46′ Stoikov(66′ Pedro) é Santi Páz.
RADIOGRAFIA DO ENCONTRO:
Minuto 8′,- Falta o borde da area, lanza Mario Costas e o balón vaise fora.
Minuto 12?,- Santi Paz, cede para Roberto que tira colocado e o porteiro desvia o balón..
Minuto 22,- Ocasión de Santi Paz e o balón sae fora.
Minuto 23?,- Ocasión clara do Moraña gran xogada de Santi Paz que cede para Nico que con toda a porteria tira as mans do porteiro.
Minuto 25?,- Lanzamento de falta de Abal, detendo Javier Maté..
Minuto 33?,- Ocasión do Portonovo a través de Abal, recibindo libre de marca, lanzando un forte disparo, batendo o balón no largueiro .
Minuto 43?,- Ocasión do Portonovo a través de Guillermo que só ante o porteiro deten Javier Maté nunha extraordinaria parada. .
Minuto 52?,- Ocasión do local Abal que tira e o balón sae rozando o largueiro.
Minuto 53′,- A peor noticia, Toño que estaba a mostrar un gran partido sae por lesión o torcer un nocello.
Minuto 55?,- Ocasión clara do local Besada que deten Maté..
Minuto 72?,- Gran xogada de Santi Paz, que despois de regatear a varios contrarios o seu tiro sae demasiado cruzado.
Minuto 74?,- (1-0).- GOOOOOOOOOOOOOL DO PORTONOVO, fallo encadenado na defensa morañesa que aproveita Duran cendendolle o esferico a Besada que libre de marca é só ante Maté marca o unico tanto da tarde.
Minuto 80′,- Sayáns ca testa remata frouxo so ante o porteiro local.
Minuto 83,- Xogadón de Santi Paz que centra e Sayáns ca testa incompresiblemente e con toda a portería para él, remata fora.
ARBITRO: Axubioú o encontro o colexiado pontevedrés Tomás A. Romero, con unha sobresaínte actuación. Dada a exquesita deportividade de ambos conxuntos o Sr. Colexiado só tuvo que mostran unha tarxeta amarela o local Pérez, por protestar..
INCIDENCIAS: Encontro xogado no campo de Baltar, en excelentes condiccións (herba sintética). Tarde moi agradable con unha temperatura de 23º. Como espectadores de excepción se encontraba o Presidente dos arbitros Don. Máximino Muiños, tamén estaba na grada o xogador morañés Santiño, que o próximo 21 de Novembro será intevido do seu xeonllo dereito (ligamentos cruzados é menisco).Despois do encontro os morañeses degustaron unhas navallas é ameixas a mariñeira que trouxo o vilanovés Esteban nun centrico Restaurante de Meaño.
DESTACADOS: Polo Portonovo Abal, Miguel é Durán é por o Moraña só se salva Javier Maté é Santi Paz.