Partido complicado para o Moraña C.F. o domingo no campo do Cabalo de Vilaboa, os morañeses inician a fase de ascenso enfrentándose a un correoso Vilanova que foi terceiro clasificado no seu grupo e só encaixou na tempada a increíble cifra de 18 tantos, pero esperemos cos nosos rapaces ca axuda da sua afección que seguro desprazarase en bo número hasta Vilaboa sexan capaces de sacar o encontró adiante.
Para este encontro Iván Conles recupera a Matías e Lopi pero segue tendo as baixas de Damián e Bairon ademais da do cancerbeiro Zapa que se lesionou no partido que deu acceso a fase de ascenso contra o Moaña “B”.
O técnico morañés comentábanos na tarde de onte que polos seus informes o partido vai ser moi complicado xa que o Vilanova ten un moi bo conxunto, pero que el confía na sua xente e dille a sua afección que non teña dúbidas de que o seu equipo vaino dar todo para seguir adiante na fase de ascenso.
Iván tamén nos comentaba que teñen que estar moi concentrados xa que estas eliminatorias soen influir moitos factores e casi sempre son partidos moi igualados que se deciden en pequenos detalles e tamén tendo algo de sorte, que espera que o domingo esté do noso lado.
O domingo ás cinco todos ó Cabalo de Vilaboa, porque equipo e afección xuntos podemos.