O Moraña de afeccionados necesita o próximo domingo todo o apoio da sua xente para gañar ó Moaña B, os da península do Morrazo presentaranse en Moraña co mesmo obxetivo que os locais.

2012-13 Aficionados MCF (40)

En teoría vai a ser un partido igualado que o equipo morañés espera sacar adiante aproveitando o factor campo e a axuda inestimable da súa afección.

Despois dunha tempada un pouco irregular a escuadra vermella, cunha boa segunda volta onde só perdeu tres partidos chega a derradeira xornada dependendo de si mesmo para xogar unha atractiva fase de ascenso.

O equipo local ten baixas importantes como Damián, Bairon e Matías, recupera a Iaguito e Lopi e teñen molestias Zaca e Julián que con casi toda seguridad estarán a disposición de Iván Conles na tarde do domingo.

O técnico local comentábanos na tarde de onte que vai ser un partido moi complicado pero espera que co apoio dunha afección que nunca falla nas grandes ocasións sacar o partido adiante. Ademais decianos que vía os seus rapaces moi enchufados e que esperaba ter un pouquiño mais de sorte que nos últimos dous partidos onde fallaron ocasións bastante claras e por riba os arbitraxes perxudicaron o seu equipo.

O domingo as cinco todos a Mirallos para animar ó equipo porque equipo e afección xuntos podemos.

Compárteo!

Deixa un Comentario