O San Andrés aproveita os fallos do Moraña para facerse ca victoria nun bo partido. O Sr. Colexiado sancionou o Moraña con duas penas máximas.

Unha mala tarde da zaga local impidelle sumar os tres puntos

Moraña C.F.: Diego; Julián (min.64 Xoel), Toné, Martín, Jhon; Lois, Roberto, Lopi (min.51 Alex), Bairon (min.8 Matías); Zacarías y Damián.

San Andrés C.F.: Iván; Rubén, Hector, Jaime, Borja (min.89 Eddy); Francisco, Pereiro (min.56 Cubas), Pedro, Rosales (min.77 Mario); Diego (min.46 Alejo)(min.87 Serafín) y Piquenque.

Árbitro: Sr. Miguel Ángel Barreiro Reboredo do colexio  pontevedrés, realizou unha moi mala arbitraxe seno moi protestado por ámbos equipo, sacou cartóns amárelos polo equipo local a Toné (min.44), Xoel (min.68) e Jhon e Diego (min.89) e polo equipo visitante expulsou a Ruben por dobre amonestación (min.55 e 63) e ó entrenador Herbello (min.90), ademáis sacou  cartón amarelo a Cubas no 89.

Campo: Municipal de Mirallos boa entrada, tarde soleada e terreo de xogo en boas condicións.

Partido moi disputado o celebrado o domingo no Municipal de Mirallos, o equipo local saiu en tromba decidido a levarse o partido fronte a escuadra marinense e xa no minuto dous Zaca tivo unha clara ocasión de gol despois de un gran pase de Damián que Iván para maxistralmente, o dominio local era constante chegando por ambas bandas pero entre o min. 8 e o 15 chegarían duas desgracias para os do Carneiro, e primeiro a lesión de Bairon nunha xogada embarullada na banda esquerda que tivo que ser  sustituido por Matías, e logo no min. 12 na primeira vez cos visitantes pasaban de mediocampo un fallo garrafal de Toné que perde o balón e Jhon fai penalti sobre Piquenque, que transforma Rosales.

Logo viría o empate do Moraña cando despois dun corner de Toné, Zaca libre de marca no primeiro pau conecta un bo cabezazo a rede.

De ahí o descanso despertou o San Andrés e dominou o partido pero sin consecuencias no marcador.

A segunda metade comenzou cos dous equipos respetándose pero aló polo min.49 un centro de Piquenque envenenouse e colouse pola escuadra defendida por Diego, ó segundo gol visitante fixolle moi daño ó Moraña, os marinenses encerraronse atrás e os de Iván Conles non souberon entrar na telaraña visitante debido a que a circulación de balón era moi lenta e imprecisa e así chegaros os dous tantos visitantes, despois de sendas perdas de balón no medio do campo que pillaron nas patacas a unha despistada zaga local, no terceiro Piquenque gañalle a carrera a Jhon e bate a Diego na sua saida e no cuarto a Piquenque favorecenlle todolos rechazes e despois é derrubado na área por Jhon, logo da saída de Diego, o propio Piquenque convirte a pena máxima.

O arreon final dos locais puso o partido nun 3 a 4 final despois dos goles de Zaca e Roberto pero xa non houbo tempo para máis.

Podemos comentar que a mala arbitraxe puido influir no resultado xa que se comeu un claro penalti na área visitante por mans do lateral izquierdo tras un centro de Matías e asubiou duas penas máximas con moita facilidade na área local.

Compárteo!

Deixa un Comentario