As nosas campioas da Fase Prata!

O equipo feminino do Moraña C.F. proclamouse campión da Liga Fase Prata, despois dunha tempada chea de esforzo, compromiso e moito fútbol.

Agora teñen por diante un novo reto: a final a dobre partido contra o Tyde F.C., onde loitarán por deixar o listón aínda máis alto.

  • O primeiro encontro xogarase na casa, este domingo ás 13:00 horas no campo de O Buelo.
  • Un partido clave para arrancar con forza esta final e sentir o apoio da nosa afección.

Animámoste a vir e encher O Buelo de ánimo, coraxe e moita ilusión.
Xuntas somos máis fortes. Imos Moraña! 

Compárteo!

Deixa un Comentario