-
Os nosos logran un empate meritorio nunha nova saída a domicilio.
-
O Moraña dispuxo de ocasións para poder sacar os 3 puntos.
Xornada 18 do Grupo V da 1ª Autonómica na que o Moraña visitaba Nigrán para enfrentarse ao Val Miñor.
Encontro moi pechado e con poucas alternativas para conseguir o gol o disputado na tarde do domingo entre o Val Miñor e o Moraña. Os nosos dispuxeron dalgunha ocasión na primeira metade, pero non estiveron atinados de cara a portería. Pouco que destacar dos primeiros 45 minutos.
Xa na segunda metade, o equipo local tratou de adiantar liñas e intentar poñer en apuros á nosa defensa. Pero o certo é que non chegaron a ter perigo real para acadar o gol. Partido igualado en tódolos aspectos no que as defensas se impuxeron aos ataques de ambos conxuntos.
Con este resultado, conseguimos seguir sumando para deixar un pouco máis lonxe os postos baixos da táboa clasificatoria.
O vindeiro domingo tocaranos recibir a domicilio ao U.D. Santa Mariña para disputar a 19ª xornada de liga.
FICHA TÉCNICA
E.D. Val Miñor: Santiago Pérez, Jose Pregal, Xosé Manuel Fernández, José Tielas (Miguel Vázquez, 71′), Raúl Lago, Alejandro Carreira (Pablo Álvarez, 57′), Yeray Cidanes, Vadim Poldolin, Iván Porto (Luis García, 78′), Jorge Fole (Óscar Castro, 78′) e Marcelo Gabriel Casas (Yoel López, 57′).
Moraña C.F.: Manu Carracedo, Jesús Losada, Rubén Candal (Ángel Buceta, 46′), Josiño Pérez (Domi García, 65′), Leroy Ruegg (Álvaro Bacariza, 72′), David Dios, Álex Domínguez, Diego Pérez, Roi García (Dani Fontán, 82′), Sebas Cores e David García.
Árbitro: Óscar Cerqueira, auxiliado por Borja Pérez e Borja Gil. Amonestou a Marcelo Gabriel Casas, Alejandro Alonso e expulsou a Jose Pregal polo Val Miñor e amonestou a Rubén Candal, Roi García, David García, Álvaro Bacariza e Diego Pérez polo Moraña.