• Primeira victoria da tempada nun campo moi complicado.

  • Partido moi traballado que sube a moral do equipo de cara aos vindeiros encontros.

Xornada 4 do Grupo V da 1ª Autonómica na que o Moraña se desprazaba ata o campo de O Cabalo en Vilaboa.

O partido estivo marcado pola calor e as altas temperaturas que se acadaron este domingo, impropias do mes no que nos atopamos. Aínda con todo isto, foi un partido dunha alta intensidade e moi disputado, na que ningún dos dous equipos cedía un palmo de terreo. Mediado o primeiro tempo, o Moraña conseguiu abrir o marcador por medio de Moha e con este resultado chegouse ao descanso.

Na reanudación o encontro seguiu os derroteiros da primeira metade, cos dous equipos loitando por cada balón e con ocasións que se foron sucedendo por ambas partes. Non obstante o marcador non se volvería mover e conseguimos traer os 3 puntos para a casa, conseguindo unha victoria moi importante.

O vindeiro domingo teremos derbi comarcal no campo do Buelo contra o Atlético Cuntis. Necesitamos o voso apoio!

FICHA TÉCNICA

UDC Vilaboa: Iago Pesqueira, Juan Durán, Sergio Coloret, Diego Suárez, Santiago Gonzalo Castillo (Lucas Troncoso 76′), Pedro Carril, Gonzalo Tenorio (Daniel Martínez 63′), Adrián Martínez, Damián Durán (Javier Lorenzo 89′), Martín Herbello (Eloy Pena 46′) e Aitor Veloso.

Moraña C.F.: Manu Carracedo, David Gevorgyan, Jesús Losada (Rubén Candal, 57′), Fernando R. Novegil, Moha El Hamdaoui, Pablo Cancela, Ramón Martínez (Domi García 82′), Álex Domínguez (Manu Rivera, 61′), Jorge Miser (David García 82′), Dani Fontán (Roi García 61′) e Sebas Cores.

Goles: 0-1 Moha El Hamdaoui (min. 22)

Árbitro:  Don Gabriel Padín Ordóñez. Amonestou a Fernando R. Novegil e David Gevorgyan polo Moraña CF.

Compárteo!

Deixa un Comentario