O R.C. CELTA xa ten en marcha as inscricións para os CLINICS DE SEMANA SANTA 2025. Compartimos con vós a ligazón onde podedes consultar toda a información e realizar a inscrición:
Información e inscricións – https://rccelta.es/fundacion/formacion/clinics/
En MORAÑA temos sede propia con desconto para tod@s @s xogadores federad@s no MORAÑA CF. Ao realizar o pago, seleccionade a opción de desconto CLUB CONVENIDO e, ao cubrir o formulario de datos, escollede como club convenido/colaborador o MORAÑA CF.
O proceso de inscrición consta de 2 pasos:
- COMPRA DO PRODUTO: Accédese a través de SOLICITUDE DE INSCRICIÓN na ligazón compartida anteriormente.
- CUBRIR FORMULARIO DE DATOS: Unha vez realizada a compra, recibirase un correo de confirmación que inclúe unha ligazón para acceder ao FORMULARIO DE DATOS. Débese acceder e cubrir todos os datos solicitados correctamente.
Para que a inscrición estea completa, deben realizarse correctamente os 2 pasos.
Animádevos a participar e a seguir desfrutando do fútbol nas vacacións escolares! Serán adestramentos moi formativos e ao mesmo tempo divertidos, con diferentes tipos de competicións todos os días.
Non dubidedes en compartir esta información con calquera amig@ ou familiar que poida estar interesad@.