Atlético Combarro 3-2 Moraña C.F.

Segunda Futgal – Xornada 26
Campo Municipal A Seca | 19 de abril, 17:00h

Aliñacións

Atlético Combarro
  • 1. Jesús Juanetey
  • 3. Carlos Simes
  • 6. David Váquez (2. Darío Pato, 60′)
  • 8. Daniel López (8. Antonio Torres, 69′)
  • 9. Iván Mallo (21. Manuel Macenlle, 78′)
  • 10. David González
  • 14. Carlos Deán
  • 16. Pablo Portas (5. Saúl Martínez, 78′)
  • 18. José Juan Villanueva
  • 19. Hergen Andrés
  • 27. Diego Patiño

Moraña C.F.
  • 13. Abraham Martínez (P)
  • 7. Rafael Paiva
  • 11. Ibrahim Narh
  • 12. Damián Pereira
  • 14. Juli Rodríguez (5. Rubén Candal, 72′)
  • 15. Mario Fortes  (20. David Pereira, 87′)
  • 16. Ousmane Ciss
  • 18. Samuel Lucas
  • 19. Godfrey Apeh (25. Ousmane Sene, 78′)
  • 24. Alejandro Pertusa
  • 26. Brais Rey (10. Rodrigo Cor, 78′)

Árbitro

Juan Navazas Chazo

Goles

Goles Xogador Minuto
0-1 19. Godfrey Apeh 27’
1-1 9. Iván Mallo 45’+2
2-1 18. José Juan Villanueva 54’
3-1 10. David González 68’
3-2 25. Ousmane Sene 90’+2

Tarxetas

Sen tarxetas

Resumo do encontro

O Moraña visitou ao Atlético Combarro nun encontro que se decidiu por pequenos detalles e que rematou cun axustado 3-2 para os locais. Os nosos comezaron moi ben, adiantándose no marcador e mostrando unha boa versión durante a primeira metade. Pero cando todo apuntaba a chegar ao descanso con vantaxe, o Combarro logrou o empate no tempo de desconto, deixando o 1-1 ao intermedio.

Na segunda parte, o conxunto local deu un paso adiante e conseguiu poñerse por diante con dous goles nos minutos 54 e 68, situando o 3-1 e complicando moito o partido para o Moraña.

Xa no tempo de desconto, os nosos lograron recortar distancias co 3-2, pero sen apenas marxe para buscar o empate. Un resultado que deixa ao Moraña sen premio tras un encontro no que competiu ben durante moitos minutos.

Compárteo!

Deixa un Comentario