Xuv. Sanxenxo 0-1 Moraña C.F.
Segunda Futgal – Xornada 14
O Revel (Vilalonga) | 11 de xaneiro, 17:00h
Aliñacións
Xuv. Sanxenxo
- 13. Elías Álvarez (P)
- 2. Gabriel Troncoso (9. Younes Tahiri, 68′)
- 3. José A. Troncoso (16. Héctor Carballa, 82′)
- 4. Raúl Fernández
- 6. Mario Martín (22. Jose Gándara, 55′)
- 10. Fernando Garrido
- 11. Andrés Otero
- 14. Daniel Martínez
- 21. Mateo Parada
- 23. Daniel Panadero
- 25. Cristian Brea (19. Hugo Romay, 82′)
Moraña C.F.
- 13. Abraham Martínez (P)
- 2. Dani Fontán
- 6. Brais Suárez
- 7. Rafael Paiva
- 8. David García (10. Rodrigo Cor, 74′)
- 12. Damián Pereira
- 14. Juli Rodríguez
- 19. Godfrey Apeh (11. Ibrahim Narh, 62′)
- 24. Alejandro Pertusa
- 26. Brais Rey (20. David Pereira, 89′)
- 27. Miguel De Souza (22. Yago Rey, 62′)
Árbitro
Juan Navazas Chazo
Goles
| Goles | Xogador | Minuto |
|---|---|---|
| 0-1 | 22. Yago Rey | 69’ |
Tarxetas
| Tarxeta | Xogador | Equipo | Minuto |
|---|---|---|---|
| Amarela | Miguel De Souza | Moraña C.F. | 32′ |
| Amarela | Raúl Fernández | Xuv. Sanxenxo | 33′ |
| Amarela | Brais Suárez | Moraña C.F. | 48′ |
| Amarela | Dani Fontán | Moraña C.F. | 84′ |
| Amarela | Alejandro Pertusa | Moraña C.F. | 87′ |
Resumo do encontro
O Moraña visitou ao Xuv. Sanxenxo nun encontro moi serio e competitivo por parte dos nosos. A primeira metade estivo marcada pola igualdade e polas precaucións de ambos equipos, con poucas ocasións claras, polo que se chegou ao descanso co 0-0 inicial.
Na segunda parte, o Moraña deu un paso adiante, asumiu máis protagonismo co balón e comezou a achegarse con máis perigo á área rival. Froito dese bo momento chegou o gol do triunfo: Yago anotou o 0-1 tras unha gran asistencia de Juli, culminando unha xogada de moita calidade colectiva.
A partir de aí, o equipo soubo xestionar a vantaxe con orde e traballo defensivo, mantendo a portería a cero ata o asubío final. Deste xeito, o Moraña empeza o ano 2026 cunha vitoria moi importante, que reforza a confianza do grupo para as vindeiras xornadas.