Juan López Barreiro, ex xogador do Clube, dende fai varias tempadas adestrador en distintas categorías da nosa base e preparador físico do Primeiro Equipo asumirá dende agora mesmo a labor de Coordinación do Fútbol Base do Moraña C.F.
Juan, unha persoa da casa e cunha ampla formación e adicación ao deporte, é Técnico Superior en Actividades Físicas e Deportivas, ten o Grao en Ciencias da Actividade Física, Deporte e Saúde e o Mestrado Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde pola Universidade de Vigo. Na actualidade está no Programa de Doutoramento en Creatividade e Innovación Social e Sostible pola Universidade de Vigo.
Dende o Clube apostamos por él para que o noso Fútbol Base siga medrando, e para que aplique todos os seus coñementos nos nos@s xogadores. Moito ánimo e sorte Juan!!