Benxamíns 2 – 2 E.F.B. Portero 2.000 «B»

Fría mañán de sábado no Bueo, onde os nosos Benxamíns xogaron un dos mellores encontros do que vai de temporada, logrando un empate frente a un dos equipos da parte alta da táboa. Os plantexamentos estaban claros dende comezo, cuns visitantes que tocaban ben a pelota desde atrás e os nosos facendo presión alta para lograr recuperar. Nun dos roubos Dani pon un centro a área e Manu remata de primeiras pa adiantarnos no marcador e poñernos por diante antes do descanso.

Na segunda parte os visitantes comezaron mellor, xogando máis rapido. Nos pases xa lle custaba moito máis recuperar ao Moraña. Con este arreón, os pontevedreses lograron remontar en dous minutos: primeiro Aningeru de disparo dende fóra da área e o segundo Alexander,  tras un tiro floxo no que o balón é desviado por un defensa local que despista ao porteiro. Sen rendirse, os locales comezaron a apretar máis e logran o empate a dous minutos do final. Trás un saque de esquina, Xoel remata ao longueiro e Fabio aproveita o rexeite pa poñer o empate no marcador hasta o final do encontro. Xusto reparto de puntos e gran traballo dos nosos rapaces. A seguir!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Breixo Oubiña, Xabi, Brais, Manuel, Dani, Breixo Ferín, Héctor, Xoel, Fabio, Enzo e Borja.

E.F.B. Portero 2.000 «B»:  Alatz, Olivia, Aingeru, Alex, Roque M., Alberto, Diego, Luis, Ainara, Izan, Roque G. e Brais.

Goles: 1-0 Manuel (min. 21); 1-1 Aingeru (min. 34); 1-2 Alexander (min. 37); 2-2 Fabio (min. 48).

C.D. Soutomaior 3 – 4 Infantiles

Encontro emocionante e cheo de goles o dos nosos Infantiles no Graciano Padín ante o C.D. Soutomaior. Un partido que comezou dominando cedo o noso equipo, poñéndose por diante 0-2 en só 6 minutos cos goles de Rubén e Rodrigo. Javier recortaba para os locais no 32, pero antes do descanso de novo Rodrigo e Iker poñían ao Moraña en clara vantaxe 1-4.

Na segunda metade reaccionaron os locais. Suso no 5 da reanudación recortaba e Abel, no 68 dende os 11 metros poñía o 3-4 que deixaba todo aberto de cara ao tramo final. Afortunadamente os nosos non encaixaron máis goles e os tres puntos viñeron para Moraña. Noraboa!!

Ficha técnica

C.D. Soutomaior:  Brais, Iago, Xabier, Jesús, Rui, Bruno, Alejandro, Javi, Rodrigo, Héctor, Antón. Tamén xogaron Abel, Suso e Pablo.

Moraña C.F.:  Darío, Aleixo, Diego, Yosi, Lucas, Ijer, Rubén, Anxo, Rodrigo, Aarón e Pablo. Tamén xogaron Óscar, Antón e Bruno.

Goles: 0-1 Rubén (min. 4); 0-2 Rodrigo (min. 6); 1-2 Javier (min. 32); 1-3 Rodrigo (min. 40); 1-4 Iker (min. 43); 2-4 Suso (min. 50); 3-4 Abel, penalti (min. 68).

Compárteo!

Deixa un Comentario