Primeiro encontro de Pretempada para a categoría Xuvenil e boas sensacións por parte dos rapaces de Celso Diz.

Viaxaban na tarde do sábado á Ran, para enfrontarse ao Atlético Cuntis, equipo que militará este ano en Primeira Autonómica. Para este encontro e debido a que os Cadetes non contaban con ningún amigable, o técnico morañés convocou a un nutrido grupo desta categoría para completar a convocatoria.

O encontro estivo marcado pola tónica deste tipo de partidos de preparación: imprecisións, momentos de ida e volta… pero xa mostrando os primeiros detalles do que vai ser este equipo xuvenil e cales son as primeiras ideas e intencións do míster.

Ao final dos 90 minutos, empate a 3 goles e un paso máis na preparación da Liga. A seguir acumulando traballo de cara a tempada.

FICHA TÉCNICA

Atl. Cuntis 3 – 3 MORAÑA C.F.

Moraña C.F.: Carracedo, Pedro, Iván, Andrés Castaño, Donato, Iago, Martín, Adrián, Javi, Carlos e Fervenza. Tamén xogaron Jose, Héctor, Ferro, Marcos Vega, Raúl, Isma Escariz, Gabriel Ares e Giao.

Goles: Carlos, Fervenza e Martín.

Compárteo!

Comentarios Pechados.