Non puido ser. A pesar de que os nosos Cadetes lle plantaron cara ao líder da categoría na súa casa, non foron quen de traer puntos da sua visita o Revel. Os pupilos de Celsiño saíron a dalo todo ante un Villalonga que só concedeu unha derrota e un empate no que vai de Liga. O resultado máis xusto podería haber sido o empate, pero non se logrou.
Saíron os nosos enchufados ao encontro, pero no minuto 12, Alejandro cun gran disparo dende a frontal facía o único gol do partido. Con este marcador adverso estivo o Moraña pelexar durante todo o encontro, pero nin os cambios nin os movementos tácticos serviron para recurtar as diferenzas.
Ao final do encontro, victoria pola mínima para o líder. Pero gran traballo dos nosos cadetes, que seguen a demostrar unha liña de evolución moi positiva, dando mostras de melloría partido a partido. A vindeira semana, reciben ao Juv. Cambados no Buelo. A preparar ben o encontro para seguir medrando!
FICHA TÉCNICA
Villalonga C.F. 1 – 0 Moraña C.F.
Villalonga C.F.: Jonathan, Alexandre, J. Ramón, Adrián, Pablo, David, Francisco (Raider, minuto 51), Alejandro, Raúl (Álvaro, minuto 73) e Francisco.
Moraña C.F.: Saúl (Manu Carracedo, minuto 41), Rober, Iván, Andrés (David, minuto 54), Adri, Raúl, Marcos, Carlos (Fervenza, minuto 27), Alex (Martín, minuto 45), Manu e Isma (Pablo Ares, minuto 37).
Goles: 1-0 Alejandro (minuto 12)