A categoría Cadete do Moraña C.F. volveu por fin á competición, despois dun parón de varias semanas debido as circunstancias do calendario. Nesta xoranda, recibían ao equipo «B» da Escola Deportiva Arousa.

Os pupilos de Celso Diz xogaron un partido de poder a poder, moi igualado e no que non foron quen de sacar os puntos a pesares de que o rival se quedou con 10 na segunda metade.

Todo foron contratempos no comezo do partido, xa que no minuto 12 Pablo Ares ten que ser substituído por un forte golpe no xeonllo. Agardamos que non sexa nada e que pronto esté outra vez adestrando e xogando. Entrou Adrián no seu lugar. No 26, Iker aproveita un rexeite defectuoso de Álex para poñer o 0 a 1. Este foi o resultado ao descanso.

No comezo do segundo tempo a E.D. quedou con 10 xogadores, pero esto non se notou no encontro. O rival reorganizouse e o partido seguiu igualado. Logrou a igualada Rober no 63, aproveitando un saque do porteiro rival e golpeando de primeiras. Comenzaba un encontro novo para estes últimos minutos, pero a pesar de que Rober tivo un lanzamento de falta e que a E.D. Arousa gozou dun man a man que resolveu Manu, o marcador xa non se movería.

Reparto de puntos nun entretido encontro, e con este empate os Cadetes suman 21 puntos, consolidándose no sexto posto da clasificación. Na vindeira xornada, viaxan a Bamio. Moito ánimo!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 1 – 1 E.D. Arousa «B»

Moraña C.F.: Saúl (Manu, minuto 41), Rober, Iván, Andrés, Raúl, Marcos, Carlos, Alex (Fernando, minuto 42), Manuel, Isma (Fervenza, minuto 69) e Pablo Ares (Adrián, minuto 13)

E.D. Arousa «B»: Miguel (Sergio, minuto 41), Pablo (Marcelo, minuto 62), Iker, Martín, Antón, Enrique, Francisco, Álex, Miguel (Antón, minuto 69), Daniel, Pablo (Martín, minuto 33) e Rubén.

Goles: 0-1 Iker (minuto 26); 1-1 Rober (minuto 63)

Compárteo!

Deixa un Comentario