Os Benxamíns comezaron na mañán de onte a segunda volta da súa liga visitando á E.F. Portero 2.000 en Pontevedra. Os pupilos de Eloy, reforzados con varios xogadores Prebenxamíns, deron a cara e realizaron un partido moi completo, deixando momentos de bo fútbol e plantándolle cara en todo momento ao rival.
Adiantouse pronto o Portero 2.000, feito que marcou o partido, xa que o empuxe ofensivo visitante que non se traducía en finalización de xogada, volvía rápidamente en rápidos contraataques sobre a portería morañesa. Esto unido a erros individuais fixo que o encontro chegara 4-0 ao descanso.
Na segunda metade o equipo entonouse un pouco máis, xogando máis ordenado e trenzando un pouco o xogo, logrando incluso David o gol da honra. O resultado final foi de 9 a 1.
Bo traballo dos nosos Benxamíns e Prebenxamíns que os acompañaron, que seguen a pelexar nunha Liga durísima, sen dar balón nin partido por perdido e que medran partido a partido. Moito ánimo e a seguir traballando.
FICHA TÉCNICA
E.F. Portero 2.000 9 – 1 Moraña C.F.
E.F. Portero 2.000: Raúl, Hugo, Pablo, Pazos, Sergio, Alejandro, Sánchez, David, Rafa, Breixo e Manuel.
Moraña C.F.: Rubén, Xabi, Raúl, Anxo, Jorge, David, Alexandre, Aleixo, David e Saúl.
Goles
- Portero 2.000: Alejandro (2), David, Rafa (2), Manuel (3)
- -Moraña C.F.: David