O domingo a partir das 4:30 da tarde no Municipal do Buelo, o Moraña recibe o Cesantes un partido moi importante para seguir nos postos altos da tabla clasificatoria do grupo 14 da terceira autonómica.

O partido esperase moi complicado pola entidade do rival que leva unha moi boa racha sobre todo dende a chegada do dianteiro Aitor Gómez, o equipo locatario quere continuar coa súa boa racha, xa que si consigue a victoria pode ser unha xornada propicia para recortar puntos cos dous equipos que lle preceden na clasificación .

O adestrador local encontrase con numerosas baixas para este encontro e tivo que botar man da canteira, así temos catro xuvenís na convocatoria que son Breogán, Miguel, Manuel e o porteiro Dani.

Ánimo chavales a polos tres puntos para seguir cerca do obxetivo marcado.

Aupa Moraña.

Compárteo!

Deixa un Comentario