O próximo sábado (01.02.2014), o Moraña Veteráns desprazase a Campo Lameiro  pra disputar a 20ª xornada da liga contra o Bar Carocha, actualmente os morañeses ocupan praza de ascenso empatado a puntos co Arousa, polo que os do carneiro teran que emprearse a fondo pra sacar o encontro adiante. Os xogadores morañeses teñen prevista a saida dende Cafeteria Xolda as 15:30 horas , estando todos citados nas mesmas instalacións do Campo da Chanciña  as 16:00 horas o encontro iniciase as 16:30 horas (CATRO E MEDIA DA TARDE). Despois do encontro os xogadores morañeses xuntaranxe no Bar Tito de Campo Lameiro, pra degustar a sabrosa croca. Agradecese os xogadores que queden a merendar, anotanse na paxina pra poder facer o encargo. Grazas.

Compárteo!

15 comentarios

Deixa un Comentario