O IMPORTANTE ERA GAÑAR
Como corresponde á súa posición na táboa, o Moraña Veteráns conseguiu un triunfo moi sufrido ante o Arcade. Os vermellos leváronse tres puntos de ouro nun partido dominado polo sufrimento, no que Arcade só foi capaz de aguantar os primeiros 45 minutos.

Na foto Mario Costas, motor do equipo na tarde de onte.

Os morañeses reivindicaronse nunha cita nada sinxela para os seus intereses despois de levar cinco encontros sin saber o que é gañar un partido. Agora terá que pasar a proba da cita do domingo fronte o Noalla na Lanzada, onde necesita sentir o triunfo polo ben de todos é sair dos postos baixos da clasificación.

Non foi un bo encontro, donde o protagonista foi a tarde invernal que acompañou os dous conxuntos, tarde moi desagradable con choiva e un forte temporal de ventos que dificultaba o control do esferico por parte dos xogadores de ambos conxuntos, donde os 22 xogadores non foron capaces de desenvolver un bo fútbol, primeiro polas inclemencias do tempo é tamen atenazados polos nervios e a súa delicada situación na táboa. Pero iso pasa a un segundo plano cando do que se trata é de sumar para coller confianza. Aínda que parece claro que de aquí a final de tempada viviremos un bo número de encontros destas características, marcados polo sufrimento. Hai que estar preparados para iso.

No minito 32 Santi Paz está a punto de adiantarse no marcador pero o seu tiro bate no poste é sae pra fora, replican os do Arcade que tamen estiveron a punto de marcar no minuto 37 cando o gardameta morañés nunha pifia monumental no é capaz de suxetar un balón e milagrosamente bate no poste despexando o balón o sempre incombustible Yeyo.

Pero o partido decideuse no minuto 57 cando o porteiro arcadiense tiña un balón blocado e inexplicablemente lle escapa o balón das mans, aproveintandose o habilidoso Celso é cando ia a tirar o derriba o gardameta pitando o Sr. Colxiado o xusto pnealty que transforma Santi Paz nun lanzamento maxistral, a partir desta xogada todo foi un coser é cantar é, no minuto 34 Roberto tras unha gran xogada por banda esquerda fai un maxistral centro que aprovieta Stoicov pra rematar libre de marca no segundo pau é cando só faltaba un minuto pra rematar o encontro Roberto marchase en velocidade de varios contrarios é ante a desesperada siada do porteiro consigue o terceiro da tarde, alegria na parroquia morañesa é o mesmo tempo tristeza, pois o protagonista a raiz desta xogada ten que ser sustiudo o recaer da lesión dos adutores que últimamente o tiña apartado dos terreos de xogo, indudablemente unha gran perdida pra os próximos compromisos que ten o conxunto morañés.

ALIÑACIÓNS:

MORAÑA C.F.: Rafa Sierra (46′ Nico, (80′ Vicente); Juan, Toño, Yeyo, Fuentes (79′ Esteban); Ventura (32′ Roberto 88′ Ventura), Mario Costas, Nuñez, Esteban (65′ Stoikov); Celso (85′ Velay) é Santi Paz.

ARCADE., C.F.: Eladio; Conde, Gomez, Agulla (36′ Casal), Bernardez; Landín, López, Gil (72’Adriano); Couñago (46′ Orge), Acuña , Sobral.

ARBITRO: Axubioú o encontro o colexiado pontevedrés Manuel Villaverde Gulias, realizando un bó arbitraxe.

INCIDENCIAS: Partido xogado no Municipal de Valga , herba sintetica, nunha tarde invernal con fortes choivas e rachas de ventos que superaron os 80 km/hora. No descanso o gardameta morañés Rafa Sierra, tivo que marcharse por compromisos familiares, polo que o  mister tivo que votar man do lesionado Nico pra cubrir a porteria é a verdade que o fixo maxistralmente, maís tarde chegaría o porteiro canteiran Vicente.  Despois do encontro os xogadores tiveron unha xuntanza no mesón a Real en Caldas de Reis.

DESTACADOS: Por o Moraña, Toño, Roberto é Mario Costas, auténtico motor do equipo no centro do campo, polo o Arcade López é Bernardez.

Compárteo!

5 comentarios

  1. Mario, non fagas moito caso a crónica xa que o verdadeiro motor do equipo é Sayáns. O teu motor anda un pouco coma o meu, é dicir , medio gripado(haber se non se gripa de todo).Un saudo.

  2. yeyo ti como gañou onte o Barcelona falas moito senón estabas caladiño coma todos os culés(por certo o segundo gol de Messi é fora de xogo).
    Ti como sabrás eu prefiros que a toquen dende atrás, pero….nos non podemos, poste moi nervioso e tes medo a que che berre o mister, tes que ter mais personalidade no campo.
    Mario e mais eu estamos poñendo o motor a punto, e dicir, temos que ir pouco a pouco….a relantí.Un saudo…

Deixa un Comentario