Na foto Nuñez, uns dos destacados do encontro.

Un Moraña decimado polas lesións, pois se a memoria non falla faltaban Stoicov, Vicente, Esteban, Celso, Varela, Pedro e Santiño, se a isto unimos que por outras circunstancias non puideron estar na cita xogadores como Maté, Goran, Rafa Saez, Juan, Fernando, Ezequiel, o que fan un total de 13 xogadores, véndose obrigado o mister morañés para completar o equipo ter que botar man de xogadores moi mermados fisicamente como Fontes e Velay, así como o mesmo mister ter que saltar ao campo ao ter que substituír a Roberto no minuto 70 por problemas físicos e non ter máis recambios no banco. E como se adoita dicir nestes casos a can fraco todo son pulgas, levábanse 4 minutos de partido e o Villalonga ten unha boa ocasión de marcar por medio do seu bo dianteiro Seijo e Rafa Sierra fai unha moi boa intervención en dous tempos, pero con consecuencias malas, sufrindo unha lumbalxia e ter que aguantar durante os 90′ por falta de recambio. O Villalonga probablemente o mellor equipo que nos visitou esta tempada dispoñendo na tarde de hoxe de 18 xogadores, todos eles moi novos e coñecedores do oficio, practicando un fútbol de altos kilates e demostrando unha deportividade exquisita. O primeiro gol non se fixo esperar, pois apenas ían transcorridos 10 minutos cando Carballa entra por banda esquerda e dende a mesma liña de fondo centra ao punto de penalty para que Seijo remate ao fondo da portaría. Os morañeses non se caeron e capitaneados no centro do campo por Sayáns e Nuñez que fixeron un traballo inmenso,  lanzándolle balóns ao pichichi Santi Paz, o que lle obrigaba ao equipo das Rias Bajas a nadar e gardar a roupa, chegando así ata o descanso. A reanudación foi un coser e cantar para o Vilalonga, pois as fuezas aos morañeses lle empezaron a afrouxar e no minuto 64 unha xogada trenzada por toda a dianteira visitante é aproveitada por Seijo que salva a saída de Rafa Sierra entregandole o balón a Bouzada para que marque a pracer, os outros dous tantos e xa co Moraña totalmente entregado chegaron nos minutos finais 87 e 90 obra de Bouzada, conseguindo desta forma o bo dianteiro do Villalonga un hattrick.

ALIÑACIÓNS:

MORAÑA C.F.: Rafa Sierra; Ventura, Toño, Yeyo, Fuentes(46′ Velay),  Nico, Sayáns,  Nuñez, Roberto(77′ Rúa), Mario Costas é  Santi Paz.

VILALONGA., C.F.:Miguez; Pintos, Troncoso, Gandara (65′ Mendez), Abal; Carballa (60′ Radio), Otero (30′ Bouzada), Gonzalo (42’Otero); Seijo, Jorge, Torres(30′ Rubén, 60’Fernández). 

ARBITRO: Axubioú o encontro o colexiado pontevedrés José Jorge Touriño Fuentes, realizando un bó arbitraxe, mostrou tarxeta amarela o morañes Toño é o xogador do Vilalonga Abal.

INCIDENCIAS: Partido xogado no Municipal de Mirallos,  herba natural, a pesar das recentes choivas o terreo de xogo estaba  en boas condicións,  tarde moi fria,  rozando os 7º. Despois do encontro os xogadores tuveron unha xuntanza no Mesón O Pouso.

DESTACADOS: Por o Moraña, Núñez é Sayáns, por o Vilalonga,  Bouzada autor do hattrick, Abal, Troncoso, Seijo é Pintos.

Compárteo!

Deixa un Comentario