O Moraña C.F.  presenta a súa primeira Xuntanza «Moraña C.F. Histórico» unha gran celebración que terá lugar o vindeiro sábado 22 de Xullo cunha gran comida.

O que se pretende é xuntar a xogadores, adestradores, directivos… que formaran parte do Moraña C.F. dende o ano da súa fundación en 1969 para festexar a historia do noso Clube, e poñer en valor a todas aquelas personas que nalgún momento traballaron e deron o seu máximo polo Moraña C.F.

Iremos informando de novidades, reserva, actividades complementarias….

Compárteo!

Deixa un Comentario