O pasado Venres (05.10.12) foron aprobados os novos Estatutos do Moraña C.F.,  nunha Asamblea Xeral Extraordinaria 

ESTATUTOS DO MORAÑA C.F.

CAPÍTULO I

NORMAS  XERAIS 

 Artigo 1º.- Tipo Asociación

  • O MORAÑA C. F.  é unha Asociación privada con personalidade xurídica e capacidade de obrar, integrada por persoas físicas ou xurídicas, con domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia, que ten como obxectivo primordial o fomento e o impulso da práctica continuada dunha ou varias modalidades deportivas, así como a participación en actividades e competicións deportivas calquera que sexa o seu nivel e destinatario.

 Artigo 2º.- Modalidades deportivas

  • O MORAÑA C. F. practicará como principal  modalidade deportiva  a  de Fútbol,  e  solicitará  a  ratificación  dos Estatutos e a inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, de conformidade coa Lei do  Deporte de Galicia.
  • Cando a Xunta Directiva acorde a práctica dunha nova modalidade deportiva, creará a Sección correspondente, que deberá ser afiliada á Federación que proceda.
  • Cada Sección Deportiva, ocuparase de todo o relativo á práctica da modalidade deportiva correspondente, baixo a coordinación e superior dirección da Xunta Directiva.

 Artigo3º.- Domicilio Social

  • O domicilio Social do  MORAÑA C. F.,  fíxase na rúa Once, Nº 3 , Baixo , C.P. 36660, concello  de Moraña, provincia de Pontevedra,  Teléfonos  986 553 092              ou 646 122 270,   E-Mail: moranhafutbol@hotmail.com
  • O Presidente, cando as circunstancias o aconsellen, poderá acordar o cambio do domicilio social dentro da mesma localidade. Para o traslado do domicilio a outra localidade, que deberá ser sempre dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, será necesario o acordo maioritario da Asemblea Xeral Extraordinaria.
  • En ámbolos casos, o traslado de domicilio social non implicará modificación estatutaria, e terá de ser notificado aos socios, e  ao Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

CAPITULO II

CLASES DE SOCIOS, ADMISIÓN, DEREITOS E OBRIGACIÓNS

Artigo 4º.-  Nº Socios

  • O número de socios será ilimitado. A Asemblea Xeral poderá suspender, non obstante, a admisión de novos socios cando así o esixan razóns de aforo ou capacidade física das instalacións. Os socios poderán ser das seguintes clases: de número, honorarios, aspirantes e familiares.

 Artigo 5º.-  Clases de socios

  • Son socios de número todas as persoas maiores de idade, que satisfagan a cota social establecida pola Asemblea Xeral.
  • Os menores de 18 anos, clasificaranse como socios aspirantes, tendo dereito ao uso das instalacións sociais mediante a cota que se fixe e pasarán automaticamente a ser socios de número ao cumpriren a maioría de idade.
  • Serán socios honorarios aquelas persoas ás que a Asemblea Xeral confira esta distinción e terán un posto de preferencia nos actos oficiais da sociedade.
  • Son socios familiares todas aquelas persoas que dependan economicamente dun socio de número e convivan con el no mesmo domicilio.

 Artigo 6º.- Dereitos e obrigas dos socios

  1. Os socios de número terán os seguintes dereitos:

a) Contribuír ao cumprimento dos fins específicos da asociación.

b) Esixir que a Asociación se axuste ao disposto na normativa autonómica deportiva e ao establecido no presente Estatuto.

c) Separarse libremente da Asociación .

d) Coñecer as actividades da Asociación e examinar a súa documentación, previa petición razoada ao Presidente.

e) Expor libremente as súas opinións no seo da Asociación.

f) Ser elector e elixible para os órganos de representación e goberno da Asociación, sempre que teña plena capacidade de obrar.

  1. Son obrigacións dos socios de número:

a) Aboar as cotas que esixa a Asemblea Xeral.

b) Contribuír ao sostemento e difusión do deporte ou modalidades Deportivas.

c)  Acatar cantas disposicións dite a Asemblea Xeral, a Xunta Directiva  ou o Presidente, para o bo goberno da sociedade.

  1. Os socios aspirantes terán dereito a aproveitarse dos servizos e instalacións sociais da Asociación.
  2. Os familiares dos socios  de número terán dereito a aproveitarse daqueles servizos e instalacións que se determinen, previo pago da cota fixada.

 Artigo 7º.- Admisión socios

          Para  ser  admitido  como  socio, en calquera das súas modalidades, será necesario:

a) Ter a idade sinalada para cada unha delas.

b) Solicitude por escrito dirixida ao Presidente.

c) Satisfacer a cota de ingreso correspondente.

Artigo 8º.- Perda condición socio

A condición de socio pérdese:

a) Por vontade propia.

b) Por  falta  de  pago  das  cotas  sociais  durante  tres  meses  consecutivos,  previo requirimento de pago, e consecuente Resolución do Presidente.

c) Por acordo do presidente no seu caso, fundado en faltas de carácter grave, previa audiencia do interesado, que haberá de ser ratificado na primeira asemblea xeral que se celebre.

d) Por calquera outra causa establecida na lexislación vixente.

CAPITULO III

ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN E GOBERNO

 Artigo 9º .-  Representación

  • Son Órganos de representación e goberno do Club: a Asemblea Xeral e o Presidente.

 Artigo 10º .- Función e elección do Presidente

  • O Presidente é o órgano executivo do Club, posúe a representación legal convoca e preside os órganos de representación e goberno executando os acordos destes.
  • O cargo de Presidente é a título gratuíto e carente de interese nos resultados económicos da explotación, por si mesmo ou a través de persoa interposta.
  • Será elixido mediante sufraxio libre, directo, ou igual e secreto, por e entre os membros da Asemblea Xeral, cada 4 anos.

 Artigo 11º .-  Cese Presidente

O Presidente cesará por:

a) Transcorrer o prazo polo que foi elixido.

b) Dimisión.

c) Falecemento ou incapacidade física ou psíquica para continuar no exercicio do seu cargo.

d) Aprobación dunha moción de censura pola Asemblea Xeral.

e) Inhabilitación por sentencia xudicial firme ou sanción deportiva.

Artigo 12º : Xunta Directiva 

  1. Como órgano complementario de goberno e representación, poderá haber unha xunta directiva que actuará como órgano colexiado de xestión do Club, e exercerá as funcións que este estatuto lle confire.
  2. Os membros da Xunta Directiva serán designados e revocados libremente polo presidente, debendo dar conta diso na primeira Asemblea Xeral que se celebre. Da mesma formará parte un secretario e un tesoureiro. Todos os cargos serán gratuítos e carecen de interese nos resultados económicos do Club, por si mesmos ou persoa interposta.Artigo 13º : Nomeamento e función da Directiva
  3. A Xunta Directiva quedará validamente constituída, en primeira convocatoria, cando concorran a ela a maioría dos seus membros. En segunda convocatoria, será suficiente a concorrencia, polo menos, de tres dos seus membros, e, en todo caso, do Presidente.
  4. A Xunta Directiva convocarase polo Presidente con dous días de antelación como mínimo, á data de celebración.

A Xunta Directiva quedará tamén validamente constituída, cando estean presentes todos os seus membros, aínda que non houbera mediado convocatoria previa.

  1. En especial corresponde á Xunta Directiva:

a) Dirixir a xestión do Club, velando polo cumprimento do seu obxectivo social.

b) Formular o inventario, memoria e presuposto anual, que se someterá a aprobación da  Asemblea.

c) Aplicar todas as medidas deportivas, económicas e administrativas precisas para o fomento e desenvolvemento do deporte dentro do Club.

Artigo 14º .- O Secretario 

  • O Secretario da Xunta Directiva coidará do arquivo da documentación, redactará cantos documentos afecten á marcha administrativa da Asociación e levará o Libro de rexistro de socios e o Libro de Actas.

 Artigo 15º:    O Tesoureiro

  1. Tesoureiro da Xunta Directiva será o depositario da Asociación, asinará os recibos, autorizará os pagos e levará os Libros de Contabilidade.
  2. Será obriga do Tesoureiro formalizar, durante o primeiro mes de cada ano, un balance de situación e as contas de ingresos e gastos, que se porán en coñecemento de todos os asociados.

 Artigo 16º : Asemblea  Xeral

  1. A Asemblea Xeral é o órgano supremo do goberno do Club e estará integrada por todos os seus socios de número.
  2. As  Asembleas  Xerais,  tanto  Ordinarias  como  Extraordinarias,  quedarán  validamente constituídas en primeira convocatoria cando concorran a ela  a maioría dos seus asociados. En segunda e última convocatoria, media hora más tarde, quedará constituída calquera que sexa o número de membros presentes. Entre a data de convocatoria e o día sinalado para a súa celebración terán de mediar, como mínimo, dez días naturais e non poderá transcorrer máis de 20.

 Artigo 17º .-  Convocatoria Ordinaria e Extraordinaria

  1. A Asemblea Xeral convocarase polo Presidente a iniciativa propia ou do vinte e cinco por cento, ao menos, dos socios de número.
  2. A Asemblea Xeral reunirase con carácter Ordinario, previa convocatoria do Presidente, ao menos unha vez ao ano para tratar das seguintes cuestións:

a) Memoria,  liquidación  do  presuposto,  balance  do  exercicio,  rendición  de  contas  e  aprobación se procede.

b) Presuposto para o seguinte exercicio.

c) Proxecto e propostas do Presidente ou da Xunta Directiva.

d) Proposicións que formulen os socios e que terán de ir asinadas, ao menos, polo cinco por cento dos mesmos.

  1. A asemblea Xeral Ordinaria será convocada obrigatoriamente polo Presidente, no prazo máximo de tres meses, contados dende a data de finalización do exercicio económico, tendo en conta que, o exercicio económico, será do 1 de xullo ao 30 de xuño do ano seguinte; e nela someteranse a votación os puntos anteriores deste artigo 17 .
  2. Terá de se celebrar Asemblea Xeral Extraordinaria para a modificación de Estatutos, elección do Presidente, toma de cartos a préstamo, emisión de títulos representativos de débeda ou de parte alícuota patrimonial, enaxenación de bens inmobles e fixación de cotas dos socios, e calquera outro acordo previsto nestes estatutos ou que se estime oportuno polo Presidente ou proceda legalmente.

 Artigo 18º .- Acordos Asemblea

  • Os acordos da Asemblea Xeral adoptaranse por maioría simple dos presentes, requeríndose unha maioría cualificada e un quorum determinado de asistencia para aqueles asuntos que establezan os estatutos. Serán vinculantes e de obrigado cumprimento e terán forza executiva a partir da data da súa adopción, sen prexuízo, por razón da materia, da posibilidade da súa impugnación perante os órganos competentes e da Federación Galega Deportiva da modalidade ou perante o Comité Galego de Xustiza Deportiva.

 

CAPITULO IV

RÉXIME DOCUMENTAL

 Artigo 19º .- Documentación

             O réxime documental do Club, constará dos seguintes libros:

  • Rexistro de Socios
  • Rexistro  de Actas
  • Rexistros Contables.

 Artigo 20º .- Rexistro Socios

  • No libro de Rexistro de Socios, terán de constar os nomes e apelidos dos socios de número, o seu Documento Nacional de Identidade e, no seu caso, os cargos de representación, goberno e administración que exerzan  no Club. Tamén hanse especificar as datas de altas e baixas, e as de toma de posesión e cese nos cargos aludidos.

 Artigo 21º .- Rexistro Actas

  • No libro de Actas, consignaranse as reunións que celebre a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva, con expresión da data, asistentes, asuntos tratados e acordos adoptados. As Actas terán de estar asinadas, en todo caso, polo Presidente e o Secretario.

 Artigo 22º.- Rexistro de Contabilidade

  • Nos Libros de Contabilidade figurarán tanto o patrimonio como os dereitos e obrigacións, e ingresos e gastos do Club, debéndose precisar a procedencia daqueles e a inversión ou destino destes.

RÉXIME DISCIPLINARIO

Artigo 23º .- Regulamento disciplinario

  • Os órganos e socios do Club estarán sometidos ao regulamento disciplinario do Club e ao disposto  no  Título  VII  da  Lei 3/2012,  do  Deporte  de  Galicia,    e  á  súa  normativa  de desenvolvemento.

 

Artigo 24º .- Responsables

  • Así mesmo o Presidente e os membros da Xunta Directiva responderán fronte aos socios, ao Club ou terceiros dos prexuízos que ocasionaren por culpa ou neglixencia grave, de conformidade coa regulamentación propia do Club e o Ordenamento Xurídico vixente.

 

 CAPITULO V

RÉXIME ECONÓMICO-FINANCEIRO E PATRIMONIAL

 

Artigo 25º .- Patrimonio do Club

  1. Neste momento o patrimonio actual do Club deportivo é de 6.000 €  e non dispón de instalacións nin locais propios.
  2. No futuro o patrimonio do Club estará integrado por:

a) As aportacións económicas dos socios, que aprobe a Asemblea Xeral.

b) As doazóns e subvencións que reciba

c) Os resultados económicos que pode producir as manifestacións físico-deportivas que  organice a entidade.

d) As rendas, froitos e intereses do seu patrimonio.

  1. Queda expresamente excluído como fin do Club o ánimo de lucro e a totalidade dos seus ingresos e beneficios aplicaranse ao cumprimento dos seus fins sociais.

 Artigo 26º : Gravar e allear bens, mobles e inmobles

  • O Club  poderá  gravar e allear bens, mobles e  inmobles, tomar diñeiro a préstamo e emitir títulos transmisibles representativos de débeda ou parte alícuota patrimonial, sempre que cumpra os seguintes requisitos:
  1. Que se autoricen tales operacións por maioría de dous terzos dos socios presentes ou representados na Asemblea Xeral Extraordinaria.
  2. Que ditos actos non comprometan de modo irreversible o patrimonio da Entidade ou  a  actividade  físico-deportiva  que  constitúa  o  seu  obxectivo  social. Para a adecuada xustificación deste extremo poderase esixir, sempre que o soliciten como mínimo o cinco por cento dos socios de número, o oportuno ditame económico-actuarial.
  3. Cando se trate de gravar ou allear bens, mobles e inmobles  que foran financiados en todo ou parte, con Fondos Públicos da Comunidade Autónoma será preceptiva a autorización previa do órgano competente da Xunta de Galicia.

 Artigo 27º .- Títulos de débeda

  • Club  poderá  emitir  títulos  de  débeda  ou  de  parte  alícuota  patrimonial,  que  serán nominativos.
  • Os títulos inscribiranse nun libro que levará ao efecto o Club, no que se anotarán as sucesivas transferencias.
  • En todos os títulos constará o valor nominal, a data de emisión, e, no seu caso, o interese e prazo de amortización.

 Artigo 28º: Subscrición Títulos Débeda (I)

  • Os títulos de débeda só poderanse subscribir polos asociados, e a súa posesión non conferirá dereito algún especial aos socios, agás a percepción dos intereses establecidos conforme á lexislación vixente.

 Artigo 29º : Subscrición Títulos Débeda (II)

  • Os títulos de parte alícuota patrimonial han ser asemade, subscritos polos asociados. En ningún caso estes títulos darán dereito á percepción de dividendos ou beneficios.

 Artigo 30º : Subscrición Títulos Débeda (III)

  • Os títulos de débeda e parte alícuota patrimonial serán transferidos unicamente entre os que teñan a condición de socios.

 

CAPITULO VI

REFORMA DOS ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DO CLUB

Artigo 31º .- Reforma estatutos

  • Os presentes Estatutos só se poderán modificar, reformar ou derrogar, por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada a tal efecto, mediante votación favorable dos dous terzos dos socios de número asistentes.
  • A reforma destes estatutos seguirá, con respecto ó Rexistro Entidades Deportivas de Galicia, os mesmos trámites administrativos que para a súa inscrición.

 Artigo 32º .- Disolución do Club

O Club extinguirase ou disolverase por acordo  de:

a) Dos dous terzos dos socios en Asemblea Xeral  Extraordinaria, convocada  ó efecto.

b) Por sentencia xudicial.

c) Por outras causas legalmente  determinadas.  En  todo  caso  haberá  de  ser  notificado  ó  Rexistro  de  Entidades Deportivas.

 Artigo 33º.- Reparto do patrimonio

  • Disolvido O Club, o remanente do seu patrimonio social, se houbera, aplicarase a fins análogos de carácter deportivo ben por acordo previo da Asemblea Xeral ou subsidiariamente polo órgano competente en materia de deporte da Xunta de Galicia.
 

 
Compárteo!

Deixa un Comentario