Os Xuveniles do Moraña C.F. recibían o sábado noite ao Xuv. Sanxenxo na oitava xornada de Liga, buscando dar un golpe enriba da mesa e demostrar que este equipo sí sabe competir. Damos fe de que o fixeron.

O encontro comezou cun ritmo altísimo e sen dominador claro. Era un partido de ida e volta no que as ocasións iban e viñan dunha área a outra case sen descanso e no que o extraño foi que se chegara co 0 a 0 ao final da primeira parte. Tanto o Sanxenxo tivo un par de ocasions claras que entre Damián e a súa defensa solucionaron, coma o Moraña que tivo varios balóns sacados sobre a liña.

Na segunda parte o encontro seguíu pola mesma liña, e estaba bastante claro que o equipo que lograse marcar ía a ser o que levara o gato á auga. Foi o Moraña quen o conseguiu, e por dúas ocasións, con dous goles de Joel nos minutos 74 e 85, que certificaban a terceira victoria dos morañeses nesta Liga.

Noraboa ao equipo xuvenil, que debe seguir nesta liña de esforzo e compromiso, apostando polo ben común e pola unidade. A seguir pelexando e competindo!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Damián, Francisco (Jorge Díaz, minuto 70), Giao (Pedro, minuto 77), Leis (Iago, minuto 57), Brais, Joel, Ferro, Alejandro, Xian, David (Gabriel, minuto 84), e Alejandro Esperón.

Xuv. Sanxenxo: Daniel Mayán, Rodrigo, Daniel Besada, Javier, Daniel Devesa, Enrique, Álvaro, Carlos Andrés (Manuel R. minuto 60), Adrián, Isaac e Marco.

Goles: 1-0 Joel (minuto 74); 2-0 Joel (minuto 85)

Compárteo!

Deixa un Comentario