O MORAÑA PRESENTOUSE NO CENTRO PENITENCIARIO EN CADRO (CON SÓ TRECE XOGADORES) E SEN PORTEIRO, CHEGANDO A OCUPAR A PORTARÍA DURANTE OS 90′ ATA CATRO XOGADORES DE CAMPO.

MATE2

Na foto Javier Mate, operado recentemente dun ollo.

O Centro Penitenciario continúa invicto na Liga e nos postos altos da clasificación, tras golear este sábado (3-0) o Moraña Veteramos, nun partido que estivo condicionado polas lesións, no minuto 30 Fuentes e no 35 Alex e por a falta de porteiro.

O Moraña, malia as ausencias dos porteiros de 5 que ten, ningún acudiu á cita por diversos motivos (Rafa Sierra, Vicente, Maté, Fernando e Cristian)  e os xogadores de campo Juan, Predro, Santiño, Jose,Roberto, entre outros,  comezou dominando o partido ata que chegou a xogada desgraciada do minuto 30, coas lesións xa comentadas.

Ante as ausencias dos porteiros o mister inicio o encontro co pichichi do equipo Santi Paz baixo paus, chegando ao descanso co resultado de 1-0, tras a reanudación e co marcador en contra o mister cambia de crómos e opta por poñer baixo paus a Nico e a verdade que a punto estivo de dar resultado o cambio, pois Santi Paz dispuxo de tres ocasións claras para dar volta ao marcador, pero a fortuna non lle acompañou na tarde de onte, aos 65′ entra na portaría Rúa para substituír a Nico e este pasar a medio campo e aos 8oRúa lesionado deixa a portaría e quedando o equipo con dez, ocupándoa Mario Costas tamén con molestias musculares.

Ficha técnica:

Centro Penitenciario A Lama: Roberto, Alvaro, Antonio, Azeddre, Marquez, Dralach, Aldeilan, Juan, Bertegui, Javier, Vila, Diego, Pérez, Laqlach, Torres, Leandro e Pérez.

Moraña Veteranos: Santi Paz (46’Nico, 66 Rúa‘, 85’ Mario Costas); Yeyo, Toño, Mario Costas, Fuentes (31′ Velay); Nico, Sayáns, Goran, Roberto; Alex (35′ Rúa) e Celso.

Goles: 1-0, M. 32: Aldeilan. 2-0, M. 70′ :Bertegui. 3-0, M. 73: Diego.

Árbitro: Francisco Crespo Trujillo (Colexio Pontevedrés). Boa arbitraxe do Sr. colexiado, facilitado polo bo comportamento de ambos os dous equipos.

Incidencias: Partido correspondente á terceira xornada de Liga disputado no recinto do Centro Penitenciario (campo de terra) ante un bo número de espectadores.

Compárteo!

Deixa un Comentario