Os Cadetes do Moraña viaxaron na mañán do sábado á Armenteira, para xogar ante o equipo local o encontro que se tivo que deter no minuto 5 no seu día pola néboa.
Os de Celso Diz saíron ao encontro con moitas ganas, buscando uns puntos que os achegarían á zona de promoción de ascenso. O primeiro tempo foi bo pola parte dos nosos, con momentos de bo fútbol (a pesares do estado do campo de xogo), tentando xerar perigo e sendo verticais. A pesares dos esforzos, non se moveu o marcador nos primeiros 40 minutos.
Na segunda parte, os Cadetes baixaron os pistón, e o Armenteira comezou a facerse dono do encontro. Cando parecía que o encontro ía a rematar con empate a 0, os locais abriron a lata no 77 , aproveitando Alberto un balón solto tras o saque dun córner e varios rexeites. E cando xa parecía que os puntos quedaban na Armenteira, Rober lograba no último minuto a igualada rematando de cabeza un saque de falta de Marquitos.

Punto importante para os Cadetes e opcións aínda de meterse na loita polos postos de promoción. Moito ánimo e a seguir traballando!

FICHA TÉCNICA

Armenteira C.F. 1 – 1 Moraña C.F.

Armenteira C.F.: Yago, Diego, Carlos, Sergio, Alejandro, Alberto, Manuel, Mathias, Roberto, Jorge e Javier (Marcos, min. 73).
Moraña C.F.:Manu, Iván, Andrés, Adrián, Marcos, Rober, Manuel, Alejandro (Marcos, min. 78), Pablo G.(Héctor, min. 64), Manu S., Isma e Pablo A. (Carlos, min. 47)
Goles:1-0 Alberto (min.77); 1-1 Rober (min.79)

Compárteo!

Comentarios Pechados.