Final de Copa de Pontevedra de veteranos no Campo da Xunqueira en Pontevedra, encontrandose as bancadas totalmente repletas de publico, donde os morañeses a pesar de ser superiores no terreo de xogo perderon o partido polo que os da TROITA foron os vencedores.
Primeira metade con varias ocasións morañesas, mesmo unha a portaría baleira, pero na súa primeira aproximación sen perigo o Puente Caldelas fixo o 0-1 a traves do dianteiro Alberto. Tivo o Moraña antes de chegar ao descanso varias ocasións de gol, pero a grande tarde do meta pontecaldense por unha parte e pola outra que os dianteiros morañeses non tiñan a súa tarde, foise ao descanso co inxusto 0-1. Tras a reanudación e aos 5′ unha absurda falta cometida por un defensor morañés a lanza Pérez e consegue o 0-2. Os morañeses seguiron levando a iniciativa e Goran por dúas ocasións, Santi Paz, Nico   e Santiño, tiveron ocasións para dar volta ao marcador, pero estaba claro que aínda que o encontro durase ata altas horas da madrugada non era o día para os dianteiros morañes, que por auténtica mala fortuna non foron capaces de perforar a portaría rival. Finalizou o encontro con moita tristura nos futbolistas do Moraña, que demostraron merecer moito mais ante un Pontecaldelas que tivo á fortuna como a mellor das súas aliadas. Agora volta á casa, algo que deben facer coa cabeza alta por que puxeron todo para conseguir a ansiada copa.

Aliñacións:

MORAÑA C.F.: Rafa Sierra; Juan(46′ Yeyo), Otero, Mario Costas, Fuentes (30′ Jose, 60′ Ventura); Nico(46′ Roberto García), Goran, Sayáns, Esteban (15′ Celso); Santiño e Santi Paz.  

PONTECALDELAS: Corbacho;  Martinez, Villanueva, López, Alberto, Pazo,  Pérez, Torres, Rial,Pablo, Rodríguez, Carreira, Soliño, David, Lorenzo, Sanmartín, Failde y Villaverde.

Axubiou o encontro o colexiado pontevedrés José Antonio Rey Fierro, auxiliado nas bandas por Fernandez é Pérez, tendo unha moi boa actuación o trio arbitral, enseñou tarxetas amarelas os xogadores do Pontecaldelas Corbacho e Pablo, ambos por perda de tempo.

INCIDENCIAS: Os xogadores do Moraña, Fuentes, Esteban e Jose, foron sustituidos por lesións musculares.

Compárteo!

Deixa un Comentario