Moraña está moi pendente do transcendental encontro que vai xogar esta tarde co ascenso en xogo, moitos afeccionados vanse desprazar a Caldas coa ilusión do ansiado ascenso.
Os morañeses ultiman os preparativos para a final desta tarde. Se os homes de Ivan Conles se alzan coa vitoria terán unha pequena recepción no Concello e posteriormente e independentemente do resultado (gañen ou perdan) irán a un céntrico restaurante morañés a tomar un viño e se conseguisen o ascenso seguro que o champagne vai rodar por doquier.
! HALAAAAAAA MORAÑA…¡