MORAÑA C.F.: Zapa (Diego min.45); Toné, Juan, Jhon; Lois, Cristóbal (min.57 Iaguito), Julián (min.45 Roberto), Adrián (min.65 Ferrón), Alex; Damián y Zaca (min. 82 Bairon).

S.D. MONTEPORREIRO: Carlos; Oscar (min.68 Luis), Tajes, Aboy, Piquenque (min.82 Alejandro); Rubio, Maceiras, Borja, Ramos (min.51 Jaudenes); Adrián y Pablo.

Árbitro: Sr. Alejo Sartages Bermúdez do colexio pontevedrés, realizou unha boa arbitraxe nun partido difícil de pitar debido as reiteradas protestas do equipo visitante, sacou cartóns amarelos polo Moraña a Julián (min.37) e Roberto (min.70). Pola S.D. Monteporreiro a Pablo (min.26), Piquenque (min.49), Rubió (min.77) e ó delegado José Carlos Baquero (min.40). Expulsou nas postrimerías da primeira parte ó entrenador visitante César Vilariño por protestar.

Campo: Municipal de Mirallos, boa entrada nunha tarde soleada e terreo de xogo en perfectas condicións.

PARTIDO MOI IGUALADO, PERO UN BO CONTRAGOLPE LEVADO POR DAMIÁN E REMATADO POR ALEX DEULLE A VICTORIA O MORAÑA.

O partido escomezou cos dous equipos intentando levar o peso do encontró, pero ambos conxuntos só creaban perigo o contragolpe e así chegaron as millores ocasións na primeira metade.

Antes do gol de Álex no minuto 39, despois dun maravilloso  cambio de orientación do xogador con máis talento dos 22, Damián, o equipo visitante tuvo en dos contragolpes moi ben levados, sendos mans a mans co porteiro local Zapa, que o de Nigrán resolveu sin problemas.

Tamén destacar que o equipo locatario tamén tivo duas boas ocasións a primeira nun cabezazo de Toné a salida dun corner que sacou un defensa visitante coas mans debaixo dos paus e un contragolpe que Zaca no soibo aproveitar en clara ventaxa para convertir o tanto.

Na segunda metade despois de un par de contras perigosas dos visitantes o técnico local decidiu intentar cerrar o partido con 3 medioscentros para gañar seguridade e sair ó contragolpe, o partido volveuse moi táctico e só un gol anulado o Monteporreiro por fora de xogo, ainda que o árbitro xa pitara con anterioridade ó remate, e dúas boas ocasións dos locais cun fenomenal disparo de Damián ó pau e unha clara ocasión que Bairon non chegou a rematar en boca de gol puideron alterar o marcador.

Destacar o debut no bando local do mediocentro Roberto, e que o Moraña acumula xa 270 minutos sin encaixar un gol e volve tres meses despois a estar unha semana en postos de promoción de ascenso.

Compárteo!

Deixa un Comentario