Hoxe venres 9 de novembro a partir das 20:00h as Asociacións culturais Chinguilipé e O Arrieiro celebramos a terceira edición do noso SERÁN-MAGOSTEIRO (a ruada de Moraña) na carballeira de Santa Lucia.
Un ano máis mesturaremos dúas tradicións do pais como son a degustación de castañas acompañadas con outros produto típicos do pais como chourizos e viño coa realización dun serán-foliada para o que contaremos coa colaboración de varios grupos de música tradicional chegado de diversos puntos do pais (nos vindeiros dias iremos poñendo aquí nos nomes!) e cando chegue a media noite foliada aberta a todos aqueles que queirades cantar, tocar ou bailar con nós ata que o corpo nos aguante
Actividades:
20:00h: Comezo do asado e reparto de castañas entre os asistentes e comezo das actuacións musicais dos grupos chegados para o serán.
Grupos:
– Chinguilipé (Moraña)
– Escornabois (Arcade)
– A.C. Seixebra (Moraña)
– Maremonte (Bueu)
– Airiños da Fracha (Pontevedra)
– A.C. Polavila e Banda de gaitas Foula (Pontevedra e Cotobade)
– Alvariza (Teo)
23:30h: Foliada aberta a todos os que se animen a tocar, bailar ou cantar ata que o corpo nos aguante!