O vindeiro xoves, 17 de decembro ás 20:30 horas terá lugar no Local do Moraña C.F. unha reunión para os Adestradores, Delegados, Fisioterapeutas e Encargados de Campo no que se falará de varios temas relacionados coa atención para os primeiros auxilios no caso de accidente deportivo.

Principalmente, os contidos serán:

  • Explicación do protocolo de actuación en caso de accidente e R.C.P.
  • Uso do desfribilador automático co que contamos no Campo de Fútbol
  • Uso da cánula de Guedel.

Deste xeito, tentaremos que no caso de se produza calquera urxencia, esteamos preparados para atallala o antes posible.

Compárteo!

Deixa un Comentario