UN MORAÑA LANZADO GAÑA EN ALDÁN

2012-13 Aficionados MCF (10)

Partido moi igualado que os morañeses resolveron nas postrimerías.

Alineacións

Rápido Bahía “B”: Gil; Rodrigo, Iván, Piñeiro, Gallego; Salva, Iván, Manu, Ventura; Fran y Sergio.

Moraña C.F.: Diego; Julián (min.70 Martín), Juan, Jhon, Toné; Lois, Ferrón (min 59 Lopi), Roberto, Bairon (min.61 Alex); Jesús (min.53 Matías) y Zaca (min.90 Fumega)

Arbitro: José Manuel Fernández Rodríguez do colexio pontevedrés, realizou unha arbitraxe perfecta, sacou cartóns amarelos polo Rápido de Bahía a Sergio y Francisco, polo Moraña C.F. a Ferrón e Juan.

Campo: San Amaro de Aldán terreo de xogo en perfectas condicións e tarde de moito vento.

Goles: Roberto (min.73) y Matías (min.90).

Partido moi igualado o celebrado na tarde de onte en San Amaro, o Moraña entrou ben no partido e dominando o encontro e creando nos primeiros 20 minutos tres ocasións claras de gol cun disparo de Zaca que se foi a rentes do pau, outro disparo de Roberto dende a frontal que se foi rozando o longueiro e duas ocasións mais a balón parado que o balón paseouse pola área pequena do equipo de Aldán.

Pola contra Diego pasou unha primeira parte tranquila só tendo que actuar nun disparo lonxano de Manu que resolveu sin apuros.

Na segunda parte o partido estivo moito mais igualado pero sin ocasións claras, onde os dous equipos non arriscaban e só no minuto 55 Bairon estivo a punto de aproveitar un balón solto na área que pegou na espalda dun central do equipo local cando o coiro levaba marchamo de gol.

Pero a medida que foi avanzando o partido e as forzas empezaban a flaquear os dous conxuntos escomenzaron a crear perigo a contra, primeiro foi o Bahía cando despois dunha pérdida de Jesús en banda dereita sacou unha perigosa contra plantandose un rapidísimo Iván só ante Diego que o cancerbeiro morañés salvou milagrosamente.

O partido era unha ruleta rusa e alá polo 73 un contragolpe levado por Alex e Zaca, acabou con Roberto empuxando o balón a rede, de ahí o final o Moraña C.F. dedicouse a navegar e iso poidolle costar caro sobre todo cando un corner sacado polo Bahía no minuto 82 chegoulle o balón a Fran que libre de marca no segundo pau rematou ó longueiro da portería defendida por Diego, isto espabilou os vermellos e primeiro cun remate de Roberto o pau e logo xa no 90 unha contra levada por Zaca acabou con Matías empuxando o balón a rede.

Destacamos polo Bahía ó central Piñeiro e ó mediocentro Fran e polo Moraña C.F. destacamos o bo partido do central Juan, a calidade de Roberto no mediocampo que fixo xogar ó equipo e redondeou a tarde cun bo tanto e o traballo dun sempre incansable Zacarías.

Compárteo!

Deixa un Comentario