O Concello de Moraña xa ten pechada a súa programación de Nadal, que arrancará o día 12 coa colocación de adornos na Casa de Cultura. Durante as semanas das festas haberá talleres de patchwork, velas artesanais e galletas. Tamén haberá iniciativas de ocio para os máis pequenos, con cuentacuentos, tardes de xogos e a tradicional visita de Papá Noel, que o día 24 estará na Casa de Cultura. No apartado artístico, a compañía de teatro Miro Magariños representará “75 puñaladas, un suicidio sospeitoso” o día 16, e o 18 de decembro actuarán os nenos do Taller de Teatro.

 Papá Noel saíndo de Finlandia pra estar cos nenos de Moraña  o día 24 do Nadal na Casa da Cultura.

Na Casa de Cultura poderán verse exposicións de tarxetas de Nadal e os xogos de mesa artesanais de Carlos Suárez. Non faltará a música, cun concerto da Escola Municipal de Moraña o día 21. A Coral Voces Amigas celebrará o 23 de decembro o seu Certame de Nadal e na antiga escola de Santa Xusta terá lugar o día 29 un baile de fin de ano para a terceira idade. O 4 de xaneiro a asociación cultural Seixebra percorrerá Santa Lucía entoando os tradicionais Cantos de Reis. Será a previa da gran cabalgata do día 5 de xaneiro. Os Reis irán a todas as parroquias, recalando sobre as 19 horas en Santa Lucía. Haberá chocolate con rosca para todos

Compárteo!

Deixa un Comentario