O próximo sábado (22/02/14) o Moraña Veteráns recibe o Meaño  no Campo do  Buelo, pra  disputar a 23ª xornada da liga da tempada 2013-14.  Os morañeses despois do brillante triunfo a seman pasada en Soutomaior (1-2), esperan conseguir unha nova vitoria, para afianzarse no segundo posto da taboa clasificatoria. Para este partido o mister conta cos once moi xustos, pois ás baixas xa consabidas de Toño,   temos que engadir as de Goran Djorovic e Saniño, ambos lesionados o pasado sábado con roturas fibrilares é son duda tamen por lesión Sayáns e Mario Costas. Os xogadores do Moraña estan citados no mesmo Campo do O Buelo as  15:30 horas o partido comenza as 16:00 horas (CATRO   DA TARDE).

Compárteo!

Deixa un Comentario