O próximo sábado (05/04/14) o Moraña Veteráns recibe o Asador Xantares  no Campo do  Buelo, pra  disputar a 29ª xornada da liga da tempada 2013-14.  Os morañeses despois do brillante triunfo a seman pasada na casa do Burgo (0-2), esperan conseguir unha nova vitoria, para consolidarse no segundo posto da taboa clasificatoria é o mesmo tempo seguir dende moi cerca o lider Pontecaldelas con unha ventaxa sobre os do carneiro  de catro puntos.  Os xogadores do Moraña estan citados no mesmo Campo do O Buelo as  17:30 horas o partido comenza as 18:00 horas (SEIS  DA TARDE).

Compárteo!

Deixa un Comentario