O próximo sábado (24.05.2014), o Moraña Veteráns desprazase a Barrantes pra disputar a última xornada da liga (34º) contra o Boa Vila Umia. O encontro presentase de guante branco, pois os morañeses xa co ascenso conseguido e por contra o Boa Vila descendido, polo que o encontro vai ser de adestramento, sobre todo pra os morañeses de cara a os próximos encontros de Copa. Os xogadores morañeses teñen prevista a saida dende Cafeteria Xolda as 16:45 horas , estando todos os xogadores citados nas mesmas instalacións do Campo de A Bouza (Barrantes) as 17:30 horas o encontro iniciase as 18:00 horas (SEIS DA TARDE).
NOTA: Ao finalizar o partido, os morañeses irán a tomar uns viños a un FURANCHO céntrico de Barrantes e aproveitasen para ver a final da Copa de Europa, polo que agradecemos aos xogadores que desexen quedar anótense no apartado de COMENTARIOS desta paxina. GRAZAS
11 comentarios
Por motivos de traballo non podo asistir.
Como di o redactor e como se fose un partido de adestramento, así que a pasalo ben e a tocar o balón dende atrás e non o patadón como o outro día no segundo tempo.Un saudo pa todos.
Q razon ten o Celsiño. Contar comigo para cear.
Un pra tomar os pinchos.
Sinto non poder asistir,por motivos laborales,disfrutade do partido e dos viños,jiji
O Sábado non podo ir. Disfrutade do partido+Pinchos+Final da Copa.
Un saúdo
APUNTOME ÓS DOUS EVENTOS¡¡¡¡ EN PRINCIPIO PARA PINCHOS CONTA CON DOUS.
Solo partido teño reunion d final d champions
Conta conmigo para o partido+pinchos
Vamos atletico.
Conta con dous maiores e tres nenos.
Conta conmigo pos pinchos, xogar xa veremos
rectifico dous maiores e dous nenos, Paula e Raúl.