Os morañeses nunha tarde calorosa 31º ás 6 da tarde no Municipal de Mirallos cun terreo de xogo nun estado perfecto, déronlle un bo correctivo ao animoso e bo equipo pontevedrés, formado a maioria por xogadores arxentinos e uruguaios que só aguanto os primeiros 15 minutos. Os do carneiro dirixidos maxistralmente dende o centro do campo polo Iugoslavo Goran deron un autentico recital do futbol, marcando Santiño e Santi Paz un hactrick cada un e pechando a conta goleadora o media punta Nico cun tanto de bela factura. Con este resultado os morañeses pasan a semifinais da Copa de Pontevedra e o seu contrincante será o Ponte Arnelas, que eliminou na quenda de penaltis o Vilagarcia
Asubíou o partido o colexiado José Simón Casalderrey, realizando un bó arbitraxe, mostrou unha tarxeta amarela o central morañés Mario Costa, por unha forte entrada a un contrario.
Aliñacións:
MORAÑA C.F.
Rafa: Jose, Mario Costas, Juan, Fuentes(40′ Ventura);Nico(40 Roberto García’, 70′ Rúa), Sayáns, Goran, Celso; Santiño e Santi Paz.
CASTAÑAL C.F.:
Martin, Lonardo, De la Peña, Maciel, Sanroman, Jacome, Fernández, García, José Manuel, Alvarez, Roman, Ramón, Trigo y Vilariño.
1 comentario
Con Goran ya sales con un 5-0 antes de empezar. La semana pasada los mister fuimos Pedri y Pedro y con un equipo de circunstancias ganamos 0-4. Si estuviese Goran 0-9