Na foto Nico, uns dos destacados do encobntro.
O Moraña clasificouse hoxe para a final da Copa de Veteranos de Pontevedra ao golear na semifinal ao ponte Arnelas 1-6, nun partido sen demasiado brillo e na que os morañeses a pesar das súas numerosas baixas, sinxelamente cumpriron co seu favoritismo ante un equipo que só aguantou os primeiros trinta minutos. Os morañeses fóronse ao descanso cun 0-2, marcando Celso e Santiño e a reanudación volveu marcar Santiño (2), Santi Paz (1) e Nico. O gol da honra dos locais conseguiuno Vázquez.
Aliñacións:
Ponche Arnelas: Xullo, Galiñares, Vázquez, AntunezSilva, Pedro, Angel, Ruibal, Dieguez, Paz, Alfonso, Fernández, López, Roberto, Emilio, José e Núñez.
Moraña C.F.: Rafa Sierra; Jose, Juan, Nico, Fuentes; Stoicov (70′ Rúa), Mario Costa, Celso, Esteban (10′ Ventura), Santiño e Santi Paz.
Axubiou o encontro Francisco Crespo Trujillo, cunha moi boa actuación e ensinando unha soa tarxeta amarela a Antunez do equipo local.
Os morañeses xogasen a final contra o Pontecaldelas, o próximo Venres dia 27 de Xuño ás 20:30 horas no Campo da Xunqueira en Pontevedra. A saida esta pra as 19:15 horas dende Cafeteria Xolda, os xogadores estan todos citados no campo da Xunqueira as 20:00 horas.