O Moraña golea a domicilio ao Salcedo no partido aprazado, os do carneiro impuxéronse aos pontevedrese con claridade, nunha noite invernal. Os morañeses chegaron a aliñar ata tres xuvenís, Dani, Breo e Miguel os cales estiveron a un gran nivel. Os morañeses fóronse ao descanso cun 0-2, conseguidos por Miguel e Roberto, tras o descanso volveron incrementar a conta goleadora novamente o xuvenil Miguel e Dani, no minuto 85 Ivan marca o gol da honra dos locais.. Con este resultado os morañeses mantense na zona alta da táboa con moitas posibilidades de xogar o play-off de ascenso.
Compárteo!