O Moraña C.F. xa sabe cal será o seu rival e o terreo de xogo na terceira e última eliminatoria de ascenso a Segunda Rexional. Trátase do Liberdade.
O conxunto de Sanxenxo tras eliminar o domingo pasado ao Campaño na quenda de penaltis, será o próximo rival dos morañeses. Nas eliminatorias de ascenso superou á Ponte Sampaio e ao mencionado Campañó.
O conxunto de Ivan Conles chega a esta última etapa da viaxe despois de eliminar ao Portas e ao Deiro. O encontro comezase ás 18:00 horas SEIS DA TARDE. » HALA MORAÑA A POR O ASCENSO»