Diego, foi o heroe do conxunto morañés ao deter dúas penas máximas ao Deiro.
O Moraña, como hai sete días en Cuntis, ante o Portas, volveu ter de cara a quenda de penaltis e pasa á seguinte e última eliminatoria que disputarán o próximo Domingo a partido único fronte ao Liberdade de Sanxenxo nun campo neutral.
O equipo morañés estivo moi intermitente e non soubo transformar en gol as contadas ocasións que tivo e que recorrer á lotaría da quenda de penaltis.
A formación morañesa nunca estivo a gusto sobre o céspede e pecou de imprecisións que lle daban vida ao adversario. Así, aos 30 minutos da primeira metade, Diego tivo que intervir en dúas ocasións case consecutivas do Deiro, na primeira se presento o dianteiro das Rias Baixas só ante o gardameta morañés facendo este unha grande intervención pero o rexeitamento ante a pasividade dos defensores morañeses recólleo un atacante do Deiro que envía o balón ao fondo da porteria ante o delirios dos seguidores do conxunto das Rias Bajas.
A segunda parte empezou como rematou a primeira, con verdadeiros idas e vindas para ambos os dous equipos, tendo os morañese tres ocasións que non souberon traducilas en goles.
No minuto 65 unha xogada de todo o conxunto morañés remato nos pés de Juan que tras un centro á área, este se envelena e se coa por toda a escuadra da portaría do Deiro, un gran gol pero a verdade con moita fortuna.
De aquí ao final do encontro pouca historia, con todos sobre o terreo fundidos polo desgaste e atenazados polo medo a perder, co que se deu paso á quenda de lanzamentos dende o punto de penalti.
Os morañeses fixeron un pleno de catro transformacións dende os once metros, Robero, Juan, Ferrón, falla Iago e coa definitiva de Zaca e o Deiro logrou dous, detuniendo o porteiro morañés Diego en dúas ocasións e erixíndose na figura dos morañeses.
Con este resultado os morañeses pasan á seguinte e última eliminatoria que se será xogado o próximo Domingo a partido único e en campo neutral e o seu contrincante será o Liberdade de Sanxenxo.