Só a falla de acerto cara o gol impide o Moraña acceder a seguinte ronda
Moraña C.F.: Diego; Lois, Juan, Juan, Julián (min.80 Jhon); Toné, Roberto, Iaguito (min.84 Xoel), Adrián; Ferrón (min.56 Alex) y Zaca.
Vilanova Atlético: Steven; David, Ozores, Chaves, Beni (min.60 Cristian); Rafa (min.58 Aitor), Lucas, Adrián (min.55 Harri), Javi, Nico y Vences (min.60 Aitor).
Campo: O Cabalo de Vilaboa, tarde moi calurosa boa entrada e terreo de xogo demasiado seco.
Bo partido o disputado na tarde de onte no Cabalo de Vilaboa entre o Moraña e o Vilaboa, os de Moraña puxeron as ocasións e o bo fútbol mentres os de Vilanova levaronse a eliminatoria sin merecelo, pero no fútbol o que perdona pagao e eso foi o que lle pasou os vermellos.
Os morañeses sairon moi enchufados e xa no minuto 1 Roberto despois dun saque de banda longo de Juan estrellou o balón no largueiro de Steven, na primeira media hora o carrusel de oportunidades do equipo entrenado por Iván Conles sucedeuse e así Iaguito falla a portería vacía só diante de Steven despois dun rechace do porteiro, Toné rompe por banda dereita un balón á espalda do lateral e o seu man a man resolveo o porteiro arousan, Ferron bota alto un bo cabezazo e duas faltas botadas por Adrián son ven resoltas por Steven cando se cantaba o gol no cabalo.
Pero no fútbol o que perdona pagao e así na primeira ocasión villanovesa cando se cumpría o 45 da primeira metade unha falta botada dende o lado esquerdo da zaga morañesa é colgada ó área e o dianteiro visitante Chaves despois dun empurrón sobre Diego remata a rede e adianta ó seu equipo xusto antes do intermedio.
Na segunda parte o partido foi moi trabado os de Vilanova dedicaronse a gardar a ventaxa e a perder tempo dunha maneira descarada así cada falta tiñan que entrar a atendelos e cada saque de banda e de porta perdianse 2 ou 3 minutos todo isto con permiso do Sr. Colexiado Marcos Otero pero ainda así nos 10 primeiros minutos da segunda parte o Moraña tivo 3 ocasións moi claras sobre toda unha onde Ferrón e Rober con Steven batido non acertan a rematar no segundo pau un bo centro de Toné.
A partires do minuto 70 Iván xogase o todo polo todo e deixa só 3 defensa isto aproveitao o Vilanova para facer daño o contragolpe tendo duas ocasións moi claras que non é capaz de materializar e así no minuto 88 hai un claro penalti sobre Toné que tira Roberto e establece o empata.
Parecía que non quedaba tempo pero o Moraña estaba volcado e Steven tivo que volver a salvar ó seu equipo cunha impresionante parada a cabezazo de John e detendo con seguridade un bo tiro de Alex.
O final o empate non se moveu do marcador e a eliminatoria decidiuse desde o punto fatídico dos once metros onde os vilanoveses resolveron a eliminatoria por un 5 a 4 final.
Polo Vilanova só podemos destacar o seu porteiro Steven o millor dos vintedous e polo Moraña a Roberto e a Adrían que levaron todo o xogo ofensivo morañés.
Ó final o Moraña quedou eliminado non sendo inferior pero goles son amores e non boas razón.