O equipo Benxamín A da canteira do Moraña C.F., dirixido por Juan López Barreiro, proclámase campión do grupo G-61 de Pontevedra, tras derrotar na mañá de hoxe no campo de Berdon Villagarcia, ao Arousa Benxamín F7, por un contundente 0-14.
Os xogadores dirixidos por Juan López completan así unha inmaculada campaña na que contaron prácticamente todos os seus partidos por vitorias, cunhas cifras arrepiantes, dos 26 partidos xogados gañou 23, empatou un, perdeu dous, goles a favor 178 e en contra 25, sendo o equipo do grupo máis realizador e o que menos goles encaixou. . NORABOA RAPACES.