O Moraña obtivo onte na casa (Municipal de Valga) o seu sétimo encontro no que vai de liga sen poder obter o seu primeiro triunfo da tempada como locatarios, pois ata a data só foron capaces de conseguir un ridículo botín de dous empates. O Moraña, negado de cara ao gol e infantil en defensa, pagou caros os seus erros ante o conxunto arcadiense. O partido empezou cun Arcade moi repregado e o Moraña levando o peso do partido, poñéndoselle o partido de cara, pois nos primeiros 16 minutos do encontro os morañeses xa gañaban por 2-0, movendo o balón con velocidade e sorprendían unha e outra vez o equipo de Arcade. Non obstante non foi capaz de resolver, e por aí empezou a complicárselle o partido. A clave do encontro estivo no minuto 45′ xa co tempo concluído, cando os visitantes sacan un córner e ante a pasividade da defensa e o porteiro, David Taboada libre de marca e preparándose o balón ao seu antollo marca de cabeza. O gol do empate arcadiense chega no minuto 68′ nun claro fóra de xogo de Conde, que o Sr. Colexiado non quixo ver, ‘de todos os xeitos’ a orixe desta xogada, nace nun fallo do porteiro local é,  a terceira ver para crer,  no tempo de desconto minuto 92′ Roberto perde un balón no centro do campo e Ferreira lanza un disparo dende fóra da área que tras pegar en Juan entra no fondo da portaría.

Na foto Ventura, un dos  destacados do encontro. 

O Moraña novamente deixo escapar un partido que nunca debeu deixar escapar e van………. É certo que o Moraña esta tendo moi mala sorte coa baixas, pois ás de Santi Paz, Santiño, Goran, Toño, Esteban, Pedro, Velay, Eloy, etc., había que unir a dos catro porteiros Maté, Rafa Sierra, Varela e Fernando, contando soamente para este posto coa do canterano Vicente, pero a estas alturas xa non valen desculpas e o que teñen que facer os morañeses saia quen saia ao terreo de xogo, poñer maxima concentración durante os 90 minutos, pois pola contra van ter moi dificil manterse na categoría.

ALIÑACIÓNS:

MORAÑA C.F. Vicente, Ventura, Juan, Nuñez, Fuentes; Yeyo, Sayáns, Mario Costas (39′ Stoikov, 46′ Mario Costas), Roberto(42′ Ezequiel), Celso é Nico.

GALICIA A.D. ARCADE.: Martinez (46′ Pérez); Lago, Martín, Vidal,  Ferradás; Durán, Raña, Landín(32′ David Taboada); Ferreira, Espina(32′ Conde), Sobral(32′ Ferreira).

BIGRAFIA DO PARTIDO:

Minuto 6′,- Celso con tod a porteria valeira tira fora.

Minuto 13,- Nico debaixo dos paus falla unha ocasión clamorosa, despois de un gran centro de Roberto. 

Minuto 14?,-(1-0) GOOOOOOOOOLAZO DO MORAÑA, Roberto cede para Ventura o borde da area  Ë este sen pensalo lanza un potentisimo chut que entra pola escadra.

Minuto 15′,- Gran disparo o borde da area de Celso, que cando se colaba mete a man miligrosamente o porteiro, salvando un gol cantado.

Minuto 16′, (2-0),- GOOOOOOOOOOOOOOOOOL DO MORAÑA, Saca un corner Celso, cabecea Nuñez, rechaza o porteiro e Nico atento marca.

Minuto 35′,- Tiro de Durán e Vicente deten en dous tempos.

Minuto 44′,- Tiro de Lago é o balón casi se cola por entre as pernas de Vicente.

Minuto 45, (2-1),- GOOOOOOOL DO ARCADE,- Centro de Ferradás é David Taboada marca a pracer.

Minuto 55′,- Ferreira lanza un gran disparo que sae alto.

Minuto 57′,- Vicente fai unha gran parada con un mán a mán con Conde.

Minuto 60′,- Juan saca un balón de baixo da porteria con Vicente batido.

Minuto 65′,- Nico vaise de varios defensas é cando iba encarar o porteiro é derribado fora da area por o defensa Vilán, o Sr. Colexiado mostralle a xusta cartolina roxa.

Minuto 68′, (2-2),-  GOOOOL DO ARCADE, Vicente pode recoller tranquilamente un balón ca mán é opta por despexar co pé, dalle mal (co xeonllo) e vaille os pes de Sobrar que centra é Conde en clarisimo fora de xogo remata o fondo da porteria.

Minuto 70′,- Ocasión do Moraña, Nico ante o porteiro anda lento, e rouballe o balón.

Minuto 75′,- Gran tiro de Celso que o porteiro desvía a corner.

Minuto 92′,- (2-3),- GOOOOOL DO ARCADE, Roberto perde un balón no centro do campo é Ferreira dende o bode da area tira e tras pegar en Juan entre na porteria.  

ARBITRO: Arbitrou o encontro o colexiado pontevedrés Luis Manuel García López, moi influenciado polas constantes presións de varios xogadores arcadienses, sendo determinante na xogadas do empate. SUSPENSO. Mostrou tarxeta vermella o xogador do Arcade Vilán,  por derrubara Nico por detrás sendo o último xogador, tamén enseñou tarxeta amarela  o morañés Nico por unha forte entrada.

INCIDENCIAS: Encontro xogado no Municipal de Valga, cunha tarde fria 13º . O central Toño a pesar de facer o precalentamento non poido saltar o terreo de xogo por ter molestias no seu nocello. Despois do encontro os xogadores do Moraña merendaron no Mesón Luya en Caldas de Reis.

DESTCADOS: Polo Moraña só sálvanse Ventura, Celso é Nico e polo Arcade  VictorFerreira, Marcos Ferreira é Conde .

Compárteo!

Deixa un Comentario