Cómoda victoria morañesa ante un inocente E.D. Cotobade.

Alineacións:

Moraña C.F.: Diego; Jhon, Juan, Toné; Lois, Julián, Roberto (min.89 Santomé), Iaguito (min.87 Lopi), Alex; Cristóbal (min.67 Matías) y Byron (min.86 Jesús).

E.D. Cotobade: Borja; Diz, David, Martín, Sergio; Reguera, Carballo (min.29 Samir), Campos, Luciano; Camiña (min.45 Estévez) y Marcos Cuiñas.

Campo: Municipal de Mirallos, terreo de xogo en boas condicións.

Árbitro: Juan Antonio Asensio Fariza do colexio pontevedrés, complicouse demasiado para un partido moi fácil de arbitrar, sacou cartons amarelos polo Moraña C.F. a Iago (min.73), Toné e o adestrador Iván Conles (min.76), ós visitantes do E.D. Cotobade a Samir (min.78).

Os locais aproveitan a estratexia e o contragolpe para vencer con facilidade.

O Moraña C.F. saiu dende o principio sabendo da importancia dos tres puntos en xogo e intentando levar a iniciativa, aínda que o equipo locatario estivo nos primeiros minutos un pouco inocente e impreciso no último pase.

A tranquilidade chegoulle cando se cumpría o minuto 15 do encontro, ó realizar Juan un saque de banda largo ó area visitante e Roberto despois dunha boa peinada de Jhon, no primeiro pau, empuxaba o balón ó fondo da rede defendida por Borja.

Pouco despois do primeiro tanto chegaría o segundo obra de Iaguito noutra nova xogada de estratexia, onde un corner posto por Juan o segundo pao, foi rematado por Jhon e Iaguito desvia intencionadamente a trayectoria para enviar o balón ó fondo das mallas da portería visitante.

Pero ahí non acabaría a conta goleadora dos rapaces de Iván Conles, e despois dun remate ó pao de Roberto e unha falta maxistralmente sacada por Álex que desviou a corner o porteiro Borja nunha intervención de moito mérito, chegaría o terceiro da tarde, despois dunha boa recuperación de balón de Cristóbal que pon unha magnífica asistencia de gol a un Álex en estado de gracia que decide con claridad un man a man ante o gardarredes visitante.

A segunda metade escomenzou cun Moraña demasiado relaxado, o que lle custou un gol de saque de esquina no minuto 2, onde despois de varios rechaces dentro da área o incombustible Marcos Cuiñas enviou o balón é rede, a partir dese momento e logo dunhas discutidas decisións do Sr. Asensio sacando varios cartóns ó equipo local e cortando varias contras perigosas, o partido entrou nunha fase bastante sosa onde os dous equipos limitaronse a ter a pelota sin inquietar ó adversario.

Xa nas postrimerías Matías que sustituira a Cristóbal convertiu un rápido contragolpe no cuarto da tarde.

Destacar o bo partido da fichaxe de inverno Roberto que lle dou outro aire o centro do campo local, tamen salientar a boa actuación de Toné en defensa e un Álex moi traballador e que aportou outro tanto a sua conta particular.

Compárteo!

Deixa un Comentario