-
Os nosos volven ao camiño da vitoria.
-
Tres puntos moi importantes para seguir nos postos de promoción.
Xornada 19ª do Grupo Pontevedra de 2ª Futgal na que o Moraña recibiu ao Unión Sampayo.
O Moraña recibiu ao colista da liga no campo de O Buelo coa misión de conseguir os 3 puntos para seguir nos postos altos da táboa clasificatoria. O partido comezaba cun gol do Sampayo moi cedo, cando transcorrían 5 minutos de xogo. Só 5 minutos despois cando o porteiro visitante foi expulsado con vermella directa. Os nosos aproveitaron a ventaxa numérica para empatar o partido rápido e tratar de conseguir darlle a volta ao marcador. Non ía poñer as cousas doadas o Sampayo, que logrou aguantar toda a primeira metade mantendo o empate.
Trala reanudación, o Moraña volcouse cara a portería rival buscando o tanto da vitoria. Os visitantes foron capaces de rexeitar tódolos ataques dos nosos ata que no minuto 75 Breno conseguiu o segundo gol. E poucos minutos despois, de novo Breno, marcaba o 3-1 que daba tranquilidade aos nosos para afrontar o tramo final do partido.
FICHA TÉCNICA
Moraña C.F.: Henrico Medeiros, Gustavo de Aguiar, Manoel Agustini (Kevin Rodrigues, 32′), Rubén Candal, Paulo Miote, David García (Ángel David Núñez, 78′), Javier Pazos, Damián Pereira, Breno Santos, Emanuel Cordeiro (Domi García, 78′) e Ousmane Sene (Raúl Fernández, 88′).
U. Sampayo: Christian Pérez, Pablo Manuel Pérez, Adrián Dasilva, Borja Barcia, Nelson José Do Canto, Younes El Hassani (José Ignacio Pazos, 11′), Hugo Lamas (Diego Dasilva, 82′), Raúl Portela (Asier Portela, 82′), Xabier González (Daniel Lages, 67′), Enrique Comesaña e Aitor Gómez.
Goles: 0-1 Aitor Gómez (min. 5), 1-1 Ousmane Sene (min. 13), 2-1 Breno Santos (min. 75), 3-1 Breno Santos (min.82).
Árbitro: Alba Juncal Ayude. Amonestou a Emanuel Cordeiro e Ousmane Sene por parte do Moraña. Por parte do Sampayo amonestou a Enrique Comesaña e Raúl Portela. Expulsou a Christian Pérez.